Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 27 de marzo de 2023 Páx. 20471

III. Outras disposicións

Fondo Galego de Garantía Agraria

RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 2023 pola que se notifican as resolucións das solicitudes de axudas financiadas polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga) relativas aos pagamentos directos á agricultura e gandaría, reguladas na Orde do 15 de xaneiro de 2021.

A Orde do 15 de xaneiro de 2021 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control (DOG do 29 de xaneiro de 2021) prevé, no seu artigo 27, que a notificación das resolucións se poderá realizar mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia, cunha ligazón á páxina web do Fogga.

De acordo co anterior, esta dirección

RESOLVE:

Primeiro. Dar publicidade na web do Fogga ás listaxes das resolucións das solicitudes das liñas de axudas reguladas no artigo 2.1 da Orde do 15 de xaneiro de 2021 citada.

Na web publicaranse as listaxes de concesión e de denegación das diversas liñas de axudas, con indicación da convocatoria, a persoa beneficiaria, a cantidade, de ser o caso, concedida e a finalidade da subvención outorgada, así como, se for o caso, as causas da desestimación.

As persoas interesadas poden acceder á dita web na seguinte ligazón:

https://fogga.xunta.gal/gl/pac/consultas_pac/beneficiario_de_axudas_pac/campana-2021

Estas axudas son financiadas integramente polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga).

Segundo. Poñer á disposición das persoas interesadas as resolucións completas das solicitudes indicadas no punto primeiro mediante a aplicación para teléfonos móbiles Sga@pp, dispoñible en Google Play ou en App Store, e no Portal de axudas PAC a través da seguinte ligazón:

https://fogga.xunta.gal/gl/pac/consultas_pac/portal_de_axudas_pac

Neste portal, cada persoa interesada poderá acceder ao contido da súa resolución individualizada mediante certificado dixital ou DNI-e (DNI electrónico) ou empregando a Chave365. A información sobre a forma de alta da Chave365 atópase na ligazón que se indica a continuación:

https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365

Terceiro. Contra as citadas resolucións, que non poñen fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante o presidente do Fogga no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao desta publicación, consonte o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. O prazo de interposición concluirá o mesmo día desta publicación no mes de vencemento, de conformidade co establecido no artigo 30.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2023

Silvestre José Balseiros Guinarte
Director do Fondo Galego de Garantía Agraria