Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 28 de marzo de 2023 Páx. 20794

VI. Anuncios

b) Administración local

Consello Municipal de Deportes de Ourense

ANUNCIO da convocatoria dos procesos selectivos para a provisión das prazas incluídas na oferta extraordinaria de emprego público para estabilizar o emprego temporal de conformidade coa Lei 20/2021 (expediente 707/2022).

No Boletín Oficial da provincia de Ourense (BOP) núm. 299, do 31 de decembro de 2022, publicáronse as bases reguladoras do proceso selectivo mediante concurso para a provisión das prazas que se indican, incluídas na oferta extraordinaria de emprego público para estabilizar o emprego temporal do Consello Municipal de Deportes de Ourense, correspondente ao exercicio 2022:

– 3 conserxes de instalacións deportivas do Consello Municipal de Deportes. Persoal funcionario.

– 1 monitor deportivo do Consello Municipal de Deportes. Persoal laboral fixo.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados a partir da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado (BOE).

O que se fai público para os efectos oportunos e en cumprimento do artigo 205 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

Ourense, 7 de marzo de 2023

Gonzalo Pérez Jácome
Presidente do Consello Municipal de Deportes de Ourense