Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 28 de marzo de 2023 Páx. 20792

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Rábade

ANUNCIO da oferta de emprego público para o ano 2023.

En cumprimento do artigo 70.2 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, faise público que, de acordo co artigo citado e co artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, mediante a Resolución da Alcaldía do 22 de febreiro de 2023 se aprobou a oferta de emprego público ordinaria para 2023, que comprende as prazas de persoal funcionario e laboral fixo dotadas no orzamento da corporación, co seguinte detalle:

Persoal funcionario:

Núm. de

vacantes

Denominación

Escala/subescala

Grupo

Tipo de persoal

1

Vixilante municipal

Administración especial-servizos especiais

C2

Funcionario de carreira

Persoal laboral:

Núm. de

vacantes

Denominación

Grupo

Tipo de persoal

1

Encargado de obras e servizos

C2

Laboral fixo

Contra a citada resolución, que pon fin á vía administrativa, pódese interpor, alternativamente, recurso de reposición potestativo ante o alcalde, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da presente publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se optase por interpor o recurso de reposición potestativo, non poderá interpor o recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio. Todo iso sen prexuízo da interposición de calquera outro recurso que se puidese considerar máis conveniente.

Rábade, 22 de marzo de 2023

Francisco Xosé Fernández Montes
Alcalde