Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 28 de marzo de 2023 Páx. 20704

IV. Oposicións e concursos

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 2023 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo unitario para a provisión, mediante contrato laboral temporal, de postos de auxiliares de policía local, convocado mediante a Orde do 17 de febreiro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 41, do 28 de febreiro).

De conformidade co establecido no artigo 6.2 do Decreto 115/2017, do 17 de novembro, polo que se regula a cooperación da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia cos concellos na selección dos membros dos corpos de Policía Local, Vixilantes Municipais e Auxiliares de Policía local, unha vez convocado o proceso selectivo unitario para a provisión, mediante contrato laboral temporal, de postos de auxiliares de policía local, convocado mediante a Orde do 17 de febreiro de 2023, publicada no Diario Oficial de Galicia número 41, do 28 de febreiro, e por delegación do vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, de conformidade coa disposición adicional única da dita Orde do 17 de febreiro de 2023, a Dirección Xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo unitario para a provisión, mediante contrato laboral temporal, de postos de auxiliares de policía local, coa composición que se relaciona no anexo.

A Estrada, 17 de marzo de 2023

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Proceso selectivo unitario para a provisión, mediante contrato laboral temporal, de postos de auxiliares de policía local

– Tribunal titular:

Presidenta: Paula Cajaraville Leiro, fiscal da Fiscalía Provincial de Pontevedra.

Secretario: Manuel Castro Escariz, inspector do corpo da Policía Local do Concello de Caldas de Reis.

Vogais:

Jaime Alberto Domínguez Fernández, oficial do corpo da Policía Local do Concello de Ares.

Javier Teijido López, oficial do corpo da Policía Local do Concello de Santiago de Compostela.

Susana Martín Iglesias, xefa do Servizo de Coordinación, Planificación e Selección da Agasp.

– Tribunal suplente

Presidenta: María Rey Rivera, fiscal da Fiscalía Provincial de Pontevedra.

Secretaria: Mónica María Castro Pérez, xefa do Servizo de Formación en Seguridade Pública da Agasp.

Vogais:

Francisco Javier Álvarez Ferreira, inspector principal do corpo da Policía Local do Concello de Vigo.

José Noya Vázquez, oficial do Corpo da Policía Local do Concello de Santiago de Compostela.

Andrés González Murga, secretario xeral da Academia Galega de Seguridade Pública.