Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 28 de marzo de 2023 Páx. 20702

IV. Oposicións e concursos

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 2023 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo de acceso polo sistema de concurso-oposición previsto no artigo 38.d) da Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais, no corpo da Policía Local de Xinzo de Limia, escala executiva, categoría de inspector, convocado mediante a Orde do 10 de xaneiro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 28, do 9 de febreiro).

De conformidade co establecido no artigo 6.2 do Decreto 115/2017, do 17 de novembro, polo que se regula a cooperación da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia cos concellos na selección dos membros dos corpos de Policía Local, Vixilantes Municipais e Auxiliares de Policía Local, unha vez convocado o proceso selectivo de acceso polo sistema de concurso-oposición previsto no artigo 38.d) da Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais, no corpo da Policía Local de Xinzo de Limia, escala executiva, categoría de inspector, convocado mediante a Orde do 10 de xaneiro de 2023, publicada no Diario Oficial de Galicia número 28, do 9 de febreiro, e por delegación do vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, de conformidade coa disposición adicional única da dita Orde do 10 de xaneiro de 2023, a Dirección Xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo de acceso polo sistema de concurso-oposición previsto no artigo 38.d) da Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais, no corpo da Policía Local de Xinzo de Limia, escala executiva, categoría de inspector, coa composición que se relaciona no anexo.

A Estrada, 17 de marzo de 2023

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Proceso selectivo de acceso polo sistema de concurso-oposición previsto no artigo 38.d) da Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais, no corpo da Policía Local de Xinzo de Limia, escala executiva, categoría de inspector

– Tribunal titular:

Presidenta: Paula Cajaraville Leiro, fiscal da Fiscalía Provincial de Pontevedra.

Secretaria: Susana Martín Iglesias, xefa do Servizo de Coordinación, Planificación e Selección da Agasp.

Vogais:

Juan Puente Rapela, inspector do corpo da Policía Local do Concello da Coruña.

José Manuel Álvarez López, inspector do corpo da Policía Local do Concello de Santiago de Compostela.

Luis Castedo Balsa, xefe do Servizo de Formación en Emerxencias da Agasp.

– Tribunal suplente:

Presidenta: María del Carmen Rebolledo Olmedo, fiscal da Fiscalía Provincial de Pontevedra.

Secretaria: Mónica María Castro Pérez, xefa do Servizo de Formación en Seguridade Pública da Agasp.

Vogais:

Francisco Carro Rey, inspector do corpo da Policía Local do Concello da Coruña.

Jesús Pérez Martínez, inspector principal do Corpo da Policía Local do Concello de Santiago de Compostela.

Andrés González Murga, secretario Xeral da Academia Galega de Seguridade Pública.