Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 29 de marzo de 2023 Páx. 20842

III. Outras disposicións

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 15 de marzo de 2023 pola que se determinan as federacións deportivas que teñen que presentar informe de auditoría das contas anuais de 2022 e auditorías operativas.

Advertido erro na orde publicada no Diario Oficial de Galicia número 58, do 23 de marzo de 2023, procede facer a seguinte corrección:

Na páxina 19807, no artigo 5.2, onde di:

«O prazo de presentación dos informes de auditoría, nos termos establecidos nesta orde, abrirase a partir do día seguinte ao da publicación desta Resolución no Diario Oficial de Galicia, e terá como data límite para a súa presentación a do 30 de xullo de 2023».

Debe dicir:

«O prazo de presentación dos informes de auditoría, nos termos establecidos nesta orde, abrirase a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, e terá como data límite para a súa presentación a do 30 de xullo de 2023».