Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 30 de marzo de 2023 Páx. 21250

III. Outras disposicións

Instituto de Estudos do Territorio

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2023 pola que se dá publicidade da relación das axudas concedidas a concellos ao abeiro da Resolución do 12 de decembro de 2022, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión das axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos destinadas a concellos de Galicia, e se establece a súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva para o ano 2023, tramitado como expediente anticipado de gasto (código de procedemento MT402B).

De conformidade co disposto no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, así como no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia,

RESOLVO:

Dar publicidade da relación de concellos beneficiarios e do importe das axudas concedidas polo Instituto de Estudos do Territorio (IET), con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023, en relación coa convocatoria de axudas que a seguir se indica:

a) Norma reguladora da convocatoria: Resolución do 12 de decembro de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión das axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos destinadas a concellos de Galicia, xestionadas polo Instituto de Estudos do Territorio, e se establece a súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva para o ano 2023, tramitado como expediente anticipado de gasto (código de procedemento MT402B).

b) Aplicación orzamentaria: 08.80.541E.760.00, código de proxecto 2021 00002.

c) Crédito orzamentario: 1.000.000,00 €.

d) Persoas beneficiarias: concellos de Galicia, de forma individual, que teñan menos de 20.000 habitantes, de acordo coas cifras oficiais do padrón municipal de habitantes en data 1 de xaneiro de 2021, publicadas polo Instituto Galego de Estatística.

e) Finalidade e contía: a corrección de impactos paisaxísticos presentes tanto en edificios de titularidade municipal como en certos equipamentos de titularidade municipal, ou ben os producidos por eles debido ao seu aspecto exterior, todo isto en congruencia cos valores paisaxísticos recollidos no Catálogo das paisaxes de Galicia e cos obxectivos e criterios que expresan as Directrices de paisaxe de Galicia (código de procedemento MT402B), a través de dúas liñas de axuda.

As dúas liñas de axuda obxecto de subvención son as seguintes:

Liña I: equipamentos municipais de tipo sanitario-asistencial, educativo, cultural ou administrativo-institucional, de acordo coa clasificación que establece a epígrafe 3 do anexo I do Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (Decreto 143/2016, do 22 de setembro).

Liña II:

A) Fontes, lavadoiros, palcos de música e hórreos: as actuacións que se van subvencionar son, en todo caso, de índole menor, xa que non se cambiará o seu uso.

B) Outras construcións ou instalacións de titularidade municipal destinadas a outros equipamentos de servizos públicos, de acordo coa clasificación que establece a epígrafe 3 do anexo I do Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (Decreto 143/2016, do 22 de setembro).

O importe da subvención será:

Liña I: 70 % do orzamento do investimento subvencionable, co límite máximo de 20.000 € por concello.

Liña II: 70 % do orzamento do investimento subvencionable, co límite máximo de 20.000 € por concello.

f) Concellos beneficiarios e importe da axuda concedida a cada un deles, en €:

Expediente

Entidade local solicitante

NIF

Total da axuda concedida liña I

Total da axuda concedida liña II A

Total da axuda concedida liña II B

Total da axuda concedida

0001/2023MT402B

Concello de Trabada

P2706100A

19.999,90 €

19.999,90 €

0002/2023MT402B

Concello de Bande

P3200700G

17.834,77 €

17.834,77 €

0003/2023MT402B

Concello de Taboadela

P3208000D

15.321,68 €

15.321,68 €

0005/2023MT402B

Concello de Baralla

P2703600C

20.000,00 €

20.000,00 €

0007/2023MT402B

Concello de Fornelos de Montes

P3601900H

15.030,43 €

15.030,43 €

0008/2023MT402B

Concello de Alfoz

P2700200E

17.872,31 €

17.872,31 €

0009/2023MT402B

Concello de Begonte

P2700700D

18.128,77 €

18.128,77 €

0010/2023MT402B

Concello de Boborás

P3201400C

13.673,23 €

13.673,23 €

0011/2023MT402B

Concello de Ordes

P1506000G

20.000,00 €

7.228,26 €

27.228,26 €

0012/2023MT402B

Concello do Incio

P2702400I

16.872,43 €

16.872,43 €

0014/2023MT402B

Concello de Crecente

P3601400I

12.264,40 €

12.264,40 €

0015/2023MT402B

Concello de Xunqueira de Espadanedo

P3203800B

14.439,61 €

14.439,61 €

0016/2023MT402B

Concello de Cee

P1502300E

13.322,29 €

13.322,29 €

0017/2023MT402B

Concello de Muíños

P3205200C

20.000,00 €

20.000,00 €

0020/2023MT402B

Concello de Mondoñedo

P2703000F

20.000,00 €

20.000,00 €

0021/2023MT402B

Concello de Nigrán

P3603500D

20.000,00 €

20.000,00 €

0022/2023MT402B

Concello da Pontenova

P2704800H

20.000,00 €

20.000,00 €

0023/2023MT402B

Concello da Lama

P3602500E

10.083,95 €

10.083,95 €

0024/2023MT402B

Concello de Boimorto

P1501000B

20.000,00 €

20.000,00 €

0027/2023MT402B

Concello do Vicedo

P2706400E

20.000,00 €

20.000,00 €

0030/2023MT402B

Concello da Arnoia

P3200400D

14.695,88 €

14.695,88 €

0031/2023MT402B

Concello de Ares

P1500400E

20.000,00 €

20.000,00 €

40.000,00 €

0032/2023MT402B

Concello de Dozón

P3601600D

18.534,10 €

19.996,72 €

38.530,82 €

0033/2023MT402B

Concello de Lobios

P3204300B

18.552,73 €

18.552,73 €

0034/2023MT402B

Concello de Ramirás

P3206900G

13.620,52 €

13.620,52 €

0036/2023MT402B

Concello da Veiga

P3208400F

8.633,44 €

19.939,07 €

28.572,51 €

0038/2023MT402B

Concello de Vila de Cruces

P3605900D

20.000,00 €

20.000,00 €

0039/2023MT402B

Concello de Bóveda

P2700800B

20.000,00 €

18.367,11 €

38.367,11 €

0041/2023MT402B

Concello de Allariz

P3200200H

20.000,00 €

20.000,00 €

0042/2023MT402B

Concello de Leiro

P3204100F

9.300,87 €

9.578,69 €

18.879,56 €

0045/2023MT402B

Concello de Cartelle

P3202100H

20.000,00 €

20.000,00 €

40.000,00 €

0048/2023MT402B

Concello dos Blancos

P3201300E

8.750,22 €

8.750,22 €

0050/2023MT402B

Concello de Laza

P3204000H

20.000,00 €

20.000,00 €

0051/2023MT402B

Concello de Folgoso do Courel

P2701700C

13.976,05 €

13.976,05 €

0053/2023MT402B

Concello de Guntín

P2702300A

6.177,70 €

6.177,70 €

0054/2023MT402B

Concello de Vilamarín

P3208800G

20.000,00 €

20.000,00 €

40.000,00 €

0056/2023MT402B

Concello de Valga

P3605600J

20.000,00 €

20.000,00 €

0057/2023MT402B

Concello de Melón

P3204700C

19.998,43 €

19.998,43 €

0059/2023MT402B

Concello de Celanova

P3202500I

20.000,00 €

4.760,00 €

24.760,00 €

0060/2023MT402B

Concello de Castrelo do Val

P3202200F

5.663,46 €

8.547,94 €

14.211,40 €

0062/2023MT402B

Concello de Calvos de Randín

P3201700F

20.000,00 €

12.438,19 €

32.438,19 €

0063/2023MT402B

Concello de Ribadavia

P3207000E

20.000,00 €

20.000,00 €

0066/2023MT402B

Concello de Beariz

P3201200G

7.136,50 €

7.114,80 €

14.251,30 €

0067/2023MT402B

Concello da Guarda

P3602300J

20.000,00 €

20.000,00 €

0068/2023MT402B

Concello da Gudiña

P3203500H

20.000,00 €

20.000,00 €

0071/2023MT402B

Concello de Vilarmaior

P1509200J

20.000,00 €

20.000,00 €

0072/2023MT402B

Concello de Porqueira

P3206300J

9.993,95 €

5.710,66 €

12.149,69 €

27.854,30 €

0075/2023MT402B

Concello de Larouco

P3203900J

17.145,62 €

17.145,63 €

34.291,25 €

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2023

Enrique Luis de Salvador Sánchez
Director do Instituto de Estudos do Territorio