Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 30 de marzo de 2023 Páx. 21265

IV. Oposicións e concursos

Axencia Galega de Innovación

ANUNCIO da Resolución do 21 de marzo de 2023 pola que se aproba e se fai pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nos grupos I categoría 4, II categoría 7 e III categoría 2, de persoal laboral fixo.

A resolución pola que se aproba e se fai pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso nos grupos I categoría 4, II categoría 7 e III categoría 2, de persoal laboral fixo da Axencia Galega de Innovación (Resolución do 20 de decembro de 2022, DOG núm. 248, do 30 de decembro), poderá consultarse no portal web corporativo da Axencia Galega de Innovación 2022-Axencia Galega de Innovación (xunta.gal).

De conformidade co previsto nas bases da citada convocatoria, as persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas dispoñen dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para reclamar ou emendar o defecto que motivou a exclusión ou, de ser o caso, para presentar a xustificación de estar en posesión do Celga requirido.

A resolución pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas fai mención expresa ao cumprimento do requisito de coñecemento da lingua galega.

As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden as causas que motivaron a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o dereito a seren incluídas na relación de persoas admitidas, serán definitivamente excluídas da realización do proceso.

A listaxe de persoas aspirantes excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura, así mesmo, como anexo a este anuncio.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2023

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación

ANEXO

Relación provisional de persoas excluídas

Apelidos e nome

NIF

Motivo da exclusión

Blanco Eire, Manuel

***1922**

I.3.2

Míguez Sande, Yolanda

***3978**

I.3

Quintela Sánchez, María Begoña

***9612**

I.3

Varela Vázquez, Francisca

***5629**

I.3.3, letra f)

Vilas Fernández, Ana Belén

***9407**

I.3.2

Cód.

Causa da exclusión

I.3

Non indica o grupo e a categoría a que se presenta

I.3.2

Solicitude fóra de prazo

I.3.3, letra f)

Falta documentación xustificativa dos méritos alegados