Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 30 de marzo de 2023 Páx. 21262

IV. Oposicións e concursos

Axencia Galega de Emerxencias

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2023 pola que se aproban as listas provisionais de persoas admitidas e excluídas na convocatoria do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso de méritos, para o ingreso na categoría 2 do grupo III e na categoría 1 do grupo IV de persoal laboral.

No Diario Oficial de Galicia do 30 de decembro de 2022 publicouse o anuncio da Resolución do 29 de decembro de 2022 pola que se convoca o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso de méritos, para o ingreso na categoría 2 do grupo III e na categoría 1 do grupo IV de persoal laboral.

Consonte a indicación do anuncio, as bases do proceso de selección e os sucesivos anuncios desta convocatoria publícanse na páxina web da Axencia Galega de Emerxencias: https://www.axega112.gal

O prazo de presentación de solicitudes, de 20 días hábiles, iniciouse o 16.1.2023, ás 00.00 horas, e rematou o 10.2.2023. ás 23.59.59 horas. Transcorrido este prazo, de acordo co disposto no punto I.4 das bases, cómpre publicar as listas provisionais de persoas aspirantes admitidas e excluídas, así como a lista de persoas aspirantes pendentes de acreditar a posesión do título Celga requirido.

Por todo o exposto, o presidente da Axencia, no exercicio das competencias previstas no artigo 9 do Decreto 223/2007, do 5 de decembro, polo que aproba o estatuto da Axencia Galega de Emerxencias,

RESOLVE:

Primeiro. Aprobación das listas provisionais

Aprobar e publicar as listas provisionais de aspirantes admitidos (anexo 1) e excluídos (anexo 2) a cubrir, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, as prazas de laboral da Axencia Galega de Emerxencias identificadas no Decreto 79/2022, do 25 de maio, polo que se aproba a oferta de emprego público extraordinaria de prazas de persoal funcionario e laboral da Administración xeral e das entidades instrumentais do sector público autonómico da Comunidade Autónoma de Galicia.

(1) Administrativo/a:

Grupo III, categoría 2.

(2) Auxiliar administrativo/a:

Grupo IV, categoría 1.

Segundo. Acreditación Celga

Anunciar que todas as persoas aspirantes presentadas acreditan estar en posesión do título Celga requirido nas bases.

Terceiro. Período de alegacións

Abrir un período de alegacións de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que as persoas aspirantes excluídas poidan emendar, de ser o caso, o defecto que motivou a exclusión.

Cuarto. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. Impugnación

Contra esta resolución, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de reposición, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ante o presidente da Axencia Galega da Emerxencias, nos termos previstos nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, perante o órgano competente da orde xurisdicional contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, nos termos previstos na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Estrada, 6 de marzo de 2023

Diego Calvo Pouso
Presidente da Axencia Galega de Emerxencias

ANEXO 1

Lista provisional de persoas admitidas

Sistema: concurso.

Praza: administrativo/a.

Apelidos

Nome

NIF

Celga 4

Rey Tato

Mónica

***6847 **

Si

Rivadulla Rivadulla

Berta

***6697 **

Si

Suárez Rodríguez

Alejandro

***7601 **

Si

Sistema concurso.

Praza: auxiliar administrativo/a.

Apelidos

Nome

NIF

Celga 3

Iglesias Domínguez

Francisco Javier

***3406 **

Si

Rivadulla Rivadulla

Berta

***6697 **

Si

Rebolo Rebolo

Yolanda

***6985 **

Si

ANEXO 2

Lista provisional de persoas excluídas

Sistema: concurso.

Praza: administrativo/a.

Sen exclusións.

Sistema: concurso.

Praza: auxiliar administrativo/a.

Sen exclusións.