Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 30 de marzo de 2023 Páx. 21406

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Xuventude

ANUNCIO do 21 de febreiro de 2023, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifica a resolución ditada no expediente 2019/326-36.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46, da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas, a través deste anuncio que se publicará no Boletín Oficial del Estado (BOE), emprázanse as persoas citadas no anexo, para proceder á notificación da resolución ditada no expediente que se indica no referido anexo instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil e demais normativa de aplicación, por non ser posible a notificación no último domicilio que consta no expediente tramitado nesta xefatura territorial.

Para o coñecemento íntegro da resolución, as persoas interesadas por si mesmas, ou a través das persoas que legalmente as representen, poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, nas dependencias do Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, da Xefatura Territorial de Vigo, da Consellería de Política Social e Xuventude, na rúa Concepción Arenal, nº 8, 1º andar, Vigo, de luns a venres laborais e das 9.00 ás 14.00 horas. Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencemento do dito prazo establecido para compareceren.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a notificación quedará supeditada a súa publicación no BOE.

Advírtese que contra a resolución poderá interpoñerse recurso ante o Xulgado de Primeira Instancia de Vigo que por quenda corresponda, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución, practicada por comparecencia, de conformidade co disposto no artigo 780 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

Vigo, 21 de febreiro de 2023

Mª José Pérez-Izaguirre López
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº de expediente: 2019/326-36.

DNI: 53182133S.

DNI: 35319611Y.

Acto que se notifica: Resolución administrativa do 8 de febreiro de 2023.

Efectos xurídicos que produce a resolución: mantemento de medida administrativa.