Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 30 de marzo de 2023 Páx. 21431

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cuntis

ANUNCIO da oferta de emprego público do ano 2022 para a cobertura de dúas prazas de policía local.

Polo Decreto da Alcaldía, do 22.3.2023, acordouse aprobar a oferta de emprego público do Concello de Cuntis para a cobertura de dúas prazas de policía local, e dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da provincia.

Primeiro. Aprobar a oferta de emprego público de:

Persoal funcionario:

Denominación da praza: policía local.

Grupo/subgrupo/categoría profesional: C1.

Núm. de vacantes: 2.

Número de prazas

Denominación

Escala

Categoría

Titulación exixible

Nivel

Sistema de

acceso

Procedemento de selección

2

Policía local

Admón. especial

Policía

local

Bacharelato ou

equivalente

C1

Libre

Oposición

Segundo. Publicar no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra.

Terceiro. Dar traslado á Academia Galega de Seguridade pública, á vista da addenda ao convenio asinada por este concello o 22.2.2023, co fin de que realice o proceso de selección correspondente (procedementos selectivos dos concursos unitarios).

Contra o acordo de aprobación da oferta de emprego público, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o alcalde presidente do Concello de Cuntis, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, ao abeiro do establecido no artigo 124 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta publicación, consonte o disposto nos artigos 8.1 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xuño, da xurisdición contencioso-administrativa.

No caso de interpoñerse o recurso potestativo de reposición, deberase resolver e notificar no prazo dun mes, segundo establece o artigo 124.2 da devandita Lei 39/2015, entendéndose desestimado o recurso de reposición polo transcurso do dito prazo sen resolución expresa notificada, de conformidade co establecido na Lei 39/2015. Entón, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de seis meses contados desde o día seguinte a aquel en que deba entenderse presuntamente desestimado o recurso de reposición interposto, consonte o establecido no artigo 46.1 e 4 da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que os interesados consideren procedente conforme dereito.

Cuntis, 24 de marzo de 2023

Manuel Campos Velay
Alcalde