Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 30 de marzo de 2023 Páx. 21433

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribadavia

ANUNCIO das bases xerais e específicas da convocatoria para a estabilización do emprego temporal de 2022.

No Boletín Oficial da provincia de Ourense, núm. 289, do 20 de decembro de 2022, publícanse as bases xerais e específicas da convocatoria para a estabilización do emprego temporal, incluída na oferta de emprego público extraordinaria de 2022, aprobadas mediante a Resolución de Alcaldía do 20 de decembro de 2022, e no Boletín Oficial da provincia de Ourense, núm. 45, do 24 de febreiro de 2023, publícase a rectificación de erros das ditas bases.

Ribadavia, 28 de febreiro de 2023

Noelia Rodríguez Travieso
Alcaldesa