Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 30 de marzo de 2023 Páx. 21434

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Teixeira

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2023 pola que se nomea persoal laboral fixo as aspirantes que participaron nas prazas de estabilización do emprego temporal.

O 20 de marzo de 2023 reuniuse no salón de plenos do Concello da Teixeira (Ourense) o tribunal cualificador para valorar os méritos achegados polos/as aspirantes para cubrir unha praza de limpador/a e dúas prazas de auxiliar de axuda no fogar mediante o sistema de concurso de méritos en aplicación da disposición adicional sexta da Lei 20/2021.

Logo de ter en conta a proposta do tribunal de selección sobre os/as aspirantes que participaron nas prazas de estabilización de emprego temporal neste concello:

Limpador/a:

Nome e apelidos

Experiencia laboral

(máx. 90 ptos.)

Formación relacionada

(máx. 10 ptos.)

Total

Mª Dolores Borrajo González

33

-

33

Auxiliar de axuda no fogar:

Nome e apelidos

Experiencia laboral

(máx. 90 ptos.)

Formación relacionada

(máx. 10 ptos.)

Total

Nuria Fraguas Méndez

71,5

-

71,5

Janet Fraguas Méndez

90

1,5

91,5

De conformidade co artigo 21.1.h) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e co artigo 22/33 do Regulamento xeral de ingreso do persoal ao servizo da Administración xeral do Estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios civís da Administración xeral do Estado, aprobado polo Real decreto 364/1995, do 10 de marzo,

RESOLVO:

Primeiro. Nomear persoal laboral fixo definitivamente a:

Nome e apelidos

DNI

Posto de traballo

Mª Dolores Borrajo González

**935***

Limpadora

Nuria Fraguas Méndez

**719***

Auxiliar de axuda no fogar

Janet Fraguas Méndez

**719***

Auxiliar de axuda no fogar

Segundo. Publicar no Boletín Oficial da provincia, no Diario Oficial de Galicia e na sede electrónica a relación de persoas aprobadas a partir do día seguinte ao desta resolución no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello.

Terceiro. Dar conta no primeiro pleno que se celebre.

A Teixeira, 27 de marzo de 2023

Marisol Borrajo Lorenzo
Alcaldesa en funcións