Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 31 de marzo de 2023 Páx. 21668

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 22 de decembro de 2022 pola que se convoca o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no corpo auxiliar de Administración xeral da Comunidade Autónoma Galicia, subgrupo C2, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, e para o ingreso nas categorías 7, 20, 21, 24, 25, 31, 32, 33, 34, 37 e 39 do grupo IV de persoal laboral da Xunta de Galicia.

Advertido erro na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 244, do 26 de decembro de 2022, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 65676, para o proceso selectivo da escala auxiliar do servizo de prevención e defensa contra incendios forestais, onde di: «Graduado en educación secundaria obrigatoria (a)», debe dicir: «Graduado en educación secundaria obrigatoria (a) e carné de conducir tipo B».

Na mesma páxina, para os procesos selectivos da escala auxiliar de cociña, escala auxiliar de mantemento e escala auxiliar de laboratorio, onde di: «Graduado en educación secundaria obrigatoria (a)», debe dicir: «Titulación que habilite para a realización das funcións inherentes a esta escala».