Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 31 de marzo de 2023 Páx. 21667

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 22 de decembro de 2022 pola que se convoca o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, e no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2.

Advertido erro na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 245, do 27 de decembro de 2022, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 65999, na base II.1.1.1, onde di:

«A primeira parte consistirá en contestar por escrito un cuestionario de contido teórico de trinta (30) preguntas da parte xeral-bloque I. Esta parte disporá de tres (3) preguntas de reserva. As preguntas terán catro (4) respostas alternativas propostas polo tribunal, das cales só unha delas será a correcta.

A segunda parte consistirá en contestar por escrito un cuestionario de contido teórico e práctico de cento dez (110) preguntas da parte xeral-bloque II, das cales noventa (90) preguntas serán de contido teórico e vinte (20) preguntas serán sobre un suposto práctico tipo test, sobre un ou varios textos propostos polo tribunal».

Debe dicir:

«A primeira parte consistirá en contestar por escrito un cuestionario de contido teórico de trinta (30) preguntas da parte xeral-bloque I (para o corpo de xestión) e parte xeral común para os restantes corpos, escalas e especialidades do subgrupo A2 (para o corpo facultativo de grao medio). Esta parte disporá de tres (3) preguntas de reserva. As preguntas terán catro (4) respostas alternativas propostas polo tribunal, das cales só unha delas será a correcta.

A segunda parte consistirá en contestar por escrito un cuestionario de contido teórico e práctico de cento dez (110) preguntas da parte xeral-bloque II (para o corpo de xestión) e parte específica (para o corpo facultativo de grao medio), das cales noventa (90) preguntas serán de contido teórico e vinte (20) preguntas serán sobre un suposto práctico tipo test, sobre un ou varios textos propostos polo tribunal».