Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 31 de marzo de 2023 Páx. 21533

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2023 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 23 de marzo de 2023, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Política Social e Xuventude.

A aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Política Social e Xuventude xustifícase polas razóns indicadas no punto primeiro do acordo.

En consecuencia, por proposta da Dirección Xeral da Función Pública da Consellería de Facenda e Administración Pública, e unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa de Negociación e na Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 23 de marzo de 2023, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Aprobar a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Política Social e Xuventude, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo, en desenvolvemento da Orde da Consellería de Facenda, do 4 de novembro de 2019, pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior da escala de facultativos de servizos sociais, especialidade psicoloxía, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1 (DOG núm. 213, do 8 de novembro).

Segundo. Ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 23 de marzo de 2023, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Política Social e Xuventude, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda, do 8 de xaneiro de 2020, sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2023

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

missing image file