Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 31 de marzo de 2023 Páx. 21535

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2023, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se fai pública a convocatoria para a incorporación de novos centros docentes á Rede de Centros Plurilingües de Galicia para o curso 2023/24.

Co obxecto de estender o programa de plurilingüismo a novos centros na educación primaria e na educación secundaria obrigatoria, para o curso 2023/24, a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa

RESOLVE:

Primeiro. Que na páxina web da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades (www.edu.xunta.gal) estará dispoñible a regulación e convocatoria de incorporación de centros para participar no programa de ensinanzas plurilingües na educación primaria e na educación secundaria obrigatoria para o curso 2023/24.

Segundo. Que o prazo de presentación de solicitudes será ata o 30 de abril de 2023 e a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Que os centros que desexen impartir o programa de plurilingüismo deberán facer a correspondente solicitude en liña completando o formulario electrónico dispoñible na aplicación a que se accede no enlace http://www.edu.xunta.es/programaseducativos

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2023

Judith Fernández Novoa
Directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa