Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 31 de marzo de 2023 Páx. 21577

III. Outras disposicións

Fondo Galego de Garantía Agraria

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2023 pola que se dá publicidade das persoas beneficiarias das axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 29 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras, mediante a tramitación anticipada de gasto, das axudas temporais e excepcionais ás persoas produtoras de carne para compensar as dificultades económicas derivadas da invasión rusa de Ucraína ao abeiro do artigo 39 quater do Regulamento (UE) 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento MR244A).

Antecedentes:

O día 13 de xaneiro de 2023 publicouse no Diario Oficial de Galicia número 9 a Resolución do 29 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras, mediante a tramitación anticipada de gasto, das axudas temporais e excepcionais ás persoas produtoras de carne para compensar as dificultades económicas derivadas da invasión rusa de Ucraína ao abeiro do artigo 39 quater do Regulamento (UE) 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento MR244A).

O artigo 11.3 da citada resolución establece que as resolucións das axudas serán notificadas de acordo co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro. De conformidade co establecido no artigo 45 da indicada lei, a notificación poderá realizarse mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia, publicación na cal se recollerá unha ligazón á páxina web do Fondo Galego de Garantía Agraria. Nesta notificación especificaranse a convocatoria, a persoa beneficiaria, a cantidade concedida e a finalidade da subvención outorgada, así como, se for o caso, as causas da desestimación, e expresará, ademais, os recursos que procedan contra a resolución, o órgano administrativo e xudicial ante o cal se deben presentar e o prazo para interpoñelos.

Consideracións legais e técnicas:

A tramitación das axudas recollidas nesta resolución regúlase polo disposto no artigo 39 quater do Regulamento (UE) 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader); na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007; na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e no anexo I da Resolución do 29 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras, mediante a tramitación anticipada de gasto, das axudas temporais e excepcionais ás persoas produtoras de carne para compensar as dificultades económicas derivadas da invasión rusa de Ucraína ao abeiro do artigo 39 quater do Regulamento (UE) 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e se convocan para o ano 2023.

O artigo 11 do anexo I da Resolución do 29 de decembro de 2022 establece que a persoa titular da Dirección do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga) será competente para resolver estas axudas.

Consonte o artigo 11.3 do anexo da resolución, as resolucións das axudas serán notificadas de acordo co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro. De conformidade co establecido no artigo 45 da indicada lei, a notificación poderá realizarse mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia, cunha ligazón á páxina web do Fogga.

Nesta notificación especificaranse a convocatoria, a persoa beneficiaria, a cantidade concedida e a finalidade da subvención outorgada, así como, se for o caso, as causas da desestimación, e expresará, ademais, os recursos que procedan contra a resolución, o órgano administrativo e xudicial ante o cal se deben presentar e o prazo para interpoñelos.

De conformidade co establecido, a persoa titular da Dirección do Fogga, unha vez analizadas todas as solicitudes, alegacións e documentacións presentadas e de acordo co anterior,

RESOLVE:

Primeiro. Dar publicidade á resolución da concesión das axudas do Fogga ao abeiro da Resolución do 29 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras, mediante a tramitación anticipada de gasto, das axudas temporais e excepcionais ás persoas produtoras de carne para compensar as dificultades económicas derivadas da invasión rusa de Ucraína ao abeiro do artigo 39 quater do Regulamento (UE) 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) e se convocan para o ano 2023, na seguinte ligazón da páxina web do Fogga:

https://fogga.xunta.gal/gl/pac/consultas_pac/beneficiario_de_axudas_pac/campana-2023

Segundo. Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe interpor recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Dirección do Fogga, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co establecido no artigo 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2023

Silvestre José Balseiros Guinarte
Director do Fondo Galego de Garantía Agraria