No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 41, do 1 de marzo de 2023, publicáronse as bases aprobadas pola Resolución do concelleiro delegado de Economía, Facenda e Réxime Interior, por delegación da Xunta de Goberno local, do 23 de febreiro de 2023, relativas á seguinte convocatoria:
– 2 prazas de socorrista (agrupacións profesionais), C.E. 13/22.
O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Esta convocatoria e a súa resolución publicaranse nos boletíns oficiais correspondentes.
A Coruña, 6 de marzo de 2023
O alcalde
P.D. (A Xunta de Goberno local do 3.7.2019)
Manuel Ángel Jove Losada
Director de Economía, Facenda e Réxime Interior