No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 228, do 29 de novembro de 2022, publicáronse integramente as bases xerais e nos boletíns número 25, do 6 de febreiro de 2023, e número 26, do 7 de febreiro de 2023, publicouse unha corrección de erros sobre elas, así como as bases específicas que rexerán as convocatorias dos procesos selectivos para cubrir as prazas de estabilización de emprego temporal do Concello de Ribadumia. Estas prazas están incluídas na oferta de emprego público extraordinario de 2022, de acordo coa Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, publicada no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 95, do 19 de maio de 2022, e que a continuación se relacionan:
Denominación |
Grupo |
Nº de prazas |
Sistema selectivo |
Relación |
Auxiliar administrativo/a |
C2 |
3 |
Concurso |
Laboral |
Condutor/a servizos múltiples |
C2 |
2 |
Concurso |
Laboral |
Monitor/a deportivo |
C2 |
1 |
Concurso |
Laboral |
Oficial /a xardineiro/a |
C2 |
1 |
Concurso |
Laboral |
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria faranse públicos na forma prevista nas bases da convocatoria.
Ribadumia, 22 de marzo de 2023
David José Castro Mougán
Alcalde