Pola Resolución de Alcaldía do 10.2.2023 resolveuse nomear como policías locais funcionarios de carreira (escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase: policía local, grupo C1, prazas vinculadas á oferta de emprego público do ano 2021) deste Concello, as seguintes persoas, ao superaren o proceso selectivo unitario para o ingreso nos corpos de policía local, escala básica, convocado pola Orde do 5 de outubro de 2021 (DOG núm. 204, do 22.10.2021), e o curso selectivo de capacitación para a categoría de policía, dos corpos de policía de Galicia, convocado mediante a Resolución do 11 de marzo de 2022, rectificada pola Resolución do 6 de abril de 2022:
– Robert Iglesias Sousa, con DNI núm. **9217**.
– Luis Alfonso Losada Corujo, con DNI núm. **9452**.
– David Otero Domínguez, con DNI núm. **1909**.
– Paula Rivas González, con DNI núm. **7848**.
– Alejandro García-Ripamonti Manteiga, con DNI núm. **2744**.
Contra a presente resolución poden interporse os seguintes recursos:
• Potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que ditou o acordo, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao desta publicación.
• Contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da presente publicación, se non se interpuxo o de reposición. Se se interpuxo este último, o prazo de dous meses empezará a contar desde o día seguinte ao da notificación da resolución do recurso de reposición, se esta for expresa. Se a resolución non for expresa, o prazo para interpoñer o recurso contencioso- administrativo será de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza a desestimación por silencio administrativo.
• Calquera outro que considere conveniente, baixo a súa responsabilidade.
Tui, 9 de marzo de 2023
Enrique Cabaleiro González
Alcalde