Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a continuación se describe:
Solicitante: Begasa.
Domicilio social: rúa Aller Ulloa, Ramón María, 9, 27003 Lugo.
Denominación: NS 79982 urbanización Barrio Residencia-liña subterránea de media tensión A CT urbanización Barrio Residencia.
Situación: concello de Lugo
Características técnicas:
LMT soterrada con orixe nun empalme para realizar na LMT GAPSA 1, entra e sae no CT proxectado noutro expediente (242/2022 AT) e remata noutro empalme na mesma liña GAPSA 1, cunha lonxitude de 15 metros en condutor HEPRZ1-95.
Finalidade da instalación: mellora de instalacións.
Orzamento: 5.558,28 euros.
Documentación que se acompaña:
• Separata para o Concello de Lugo.
Esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia,
RESOLVE:
En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción á dita instalación sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionado ao cumprimento das seguintes condicións:
Primeira. As instalacións deberanse axustar na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución, e deberase realizar a dirección de obra por técnico competente.
Segunda. O peticionario asegurará o mantemento e vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.
Terceira. En todo momento deberanse cumprir as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular, canto establece a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas da alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.
O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, a partir do día seguinte o da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.
Lugo, 8 de marzo de 2023
Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo