Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a seguir se describe:
Solictante: Begasa.
Domicilio social: rúa Aller Ulloa, 9, 27003 Lugo.
Denominación: NS 79982 Urbanización Barrio Residencia-centro de transformación Urbanización Barrio Residencia.
Situación: concello de Lugo.
Características técnicas:
– CT non prefabricado Urbanización Barrio Residencia, cunha potencia máxima admisible de 630 kVA e unha potencia inicial de 250 kVA (alimentado pola LMT proxectada no expediente 230-2022-AT), no cal se instalan dúas celas de liña, unha de protección de transformador e dúas de interruptor automático, relación de transformación 20.000/400-230 V.
– Finalidade da instalación: mellora de instalacións.
– Orzamento: 49.042,36 euros.
– Documentación que se xunta:
Separata para o Concello de Lugo.
Esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia,
resolve:
En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionada ao cumprimento das seguintes condicións:
Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución, e a dirección da obra deberá levala a cabo un técnico competente.
Segunda. O peticionario asegurará o mantemento e vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.
Terceira. En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular canto establece a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas da alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e o Real decreto 337/2014, de 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.
O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente en dereito.
Lugo, 8 de marzo de 2023
Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo