Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 3 de abril de 2023 Páx. 21917

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 14 de decembro de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso na categoría de médico/a de familia de atención primaria.

Advertidos erros na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 3, do mércores 4 de xaneiro de 2023, é necesario facer as seguintes correccións:

Nas páxinas 639 e 640, onde di:

«2.a) Baremo xeral.

– Por cada mes completo de servizos prestados na categoría, en virtude de nomeamento administrativo ou contrato laboral por conta e baixo a dependencia de institucións sanitarias do sistema sanitario público dun país da Unión Europea/Espazo Económico Europeo/Suíza: 0,15 puntos/mes.

– Por cada mes completo de servizos prestados na categoría, en virtude de nomeamento administrativo ou contrato laboral por conta e baixo a dependencia doutras Administracións Públicas de España ou dun país da Unión Europea/Espazo Económico Europeo/Suíza ou en programas de cooperación internacional debidamente autorizados ao servizo de organizacións de cooperación internacional ou en postos das clases de licenciados sanitarios da escala de saúde pública e administración sanitaria ou equivalentes doutras administracións públicas de España/Unión Europea/Espazo Económico Europeo/Suíza: 0,075 puntos/mes.

– Por cada mes completo de servizos prestados na categoría por conta e baixo a dependencia de institucións sanitarias privadas con contrato de servizos públicos (concertadas) e/ou acreditadas para a docencia de especialidades de ciencias da saúde de España ou dun país da Unión Europea/Espazo Económico Europeo/Suíza ou como persoal titulado superior investigador no ámbito das ciencias da saúde, en virtude de nomeamento ou contrato laboral por conta e baixo a dependencia de institucións sanitarias públicas dun país da Unión Europea/Espazo Económico Europeo/Suíza: 0,05 puntos/mes».

Debe dicir:

«2.a) Baremo xeral.

– Por cada mes completo de servizos prestados como médico/a de familia, en virtude de nomeamento administrativo ou contrato laboral por conta e baixo a dependencia de institucións sanitarias do sistema sanitario público dun país da Unión Europea/Espazo Económico Europeo/Suíza: 0,15 puntos/mes.

– Por cada mes completo de servizos prestados como médico/a de familia, en virtude de nomeamento administrativo ou contrato laboral por conta e baixo a dependencia doutras administracións públicas de España ou dun país da Unión Europea/Espazo Económico Europeo/Suíza ou en programas de cooperación internacional debidamente autorizados ao servizo de organizacións de cooperación internacional ou en postos das clases de licenciados sanitarios da escala de saúde pública e Administración sanitaria ou equivalentes doutras administracións públicas de España/Unión Europea/Espazo Económico Europeo/Suíza: 0,075 puntos/mes.

– Por cada mes completo de servizos prestados como médico/a de familia por conta e baixo a dependencia de institucións sanitarias privadas con contrato de servizos públicos (concertadas) e/o acreditadas para a docencia de especialidades de ciencias da saúde de España ou dun país da Unión Europea/Espazo Económico Europeo/Suíza ou como persoal titulado superior investigador no ámbito das ciencias da saúde, en virtude de nomeamento ou contrato laboral por conta e baixo a dependencia de institucións sanitarias públicas dun país da Unión Europea/Espazo Económico Europeo/Suíza: 0,05 puntos/mes».