Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 3 de abril de 2023 Páx. 21919

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 26 de decembro de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se realiza a convocatoria excepcional no proceso selectivo de estabilización, polo sistema de concurso de méritos, para o ingreso na categoría de médico/a de familia de atención primaria.

Advertidos erros na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 4, do xoves 5 de xaneiro de 2023, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 1611, onde di:

«8.1.6. O sistema de desempate efectuarase a favor dos/das aspirantes que tivesen maior número de días de servizos prestados na categoría/especialidade (na que participa) no Servizo Galego de Saúde. De persistir o empate, continuarase polo maior número de días de servizos prestados noutra categoría/especialidade no Servizo Galego de Saúde e, de ser necesario, sucesivamente por cada apartado do baremo de formación e outros méritos pola súa orde. De seguir existindo méritos iguais entre dúas ou máis persoas candidatas dirimirase o desempate a favor da persoa aspirante do xénero infrarrepresentado na categoría á que opta. Para rematar, decidirá a maior idade do/da aspirante.

Enténdese, a estes efectos, a existencia de infrarrepresentación cando na categoría/especialidade obxecto de convocatoria exista unha diferenza porcentual de, polo menos, vinte puntos, entre o número de mulleres e o número de homes».

Debe dicir:

«8.1.6. O sistema de desempate efectuarase a favor dos/das aspirantes que tivesen maior número de días de servizos prestados como médico/a de familia no Servizo Galego de Saúde. De persistir o empate, continuarase polo maior número de días de servizos prestados noutra categoría/especialidade no Servizo Galego de Saúde e, de ser necesario, sucesivamente por cada epígrafe do baremo de formación e outros méritos pola súa orde. De seguir existindo méritos iguais entre dúas ou máis persoas candidatas, dirimirase o desempate a favor da persoa aspirante do xénero infrarrepresentado na categoría a que opta. Para rematar, decidirá a maior idade do/da aspirante.

Enténdese, para estes efectos, a existencia de infrarrepresentación cando na categoría/especialidade obxecto de convocatoria exista unha diferenza porcentual de, polo menos, vinte puntos entre o número de mulleres e o número de homes».

Nas páxinas 1625 e 1626, onde di:

«– Por cada mes completo de servizos prestados exclusivamente como persoal estatutario temporal na mesma categoría e especialidade ou categoría equivalente homologada pola conta e baixo a dependencia de institucións sanitarias no Sistema Público de Saúde de Galicia: 0,15 puntos/mes.

– Por cada mes completo de servizos prestados como persoal estatutario temporal na mesma categoría e especialidade ou categoría equivalente homologada por conta e baixo dependencia de institucións sanitarias do sistema sanitario público doutros servizos de saúde do Sistema Nacional de Saúde: 0,075 puntos/mes.

– Por cada mes completo de servizos prestados como persoal temporal na mesma categoría e especialidade ou categoría equivalente homologada por conta e baixo dependencia de institucións sanitarias públicas dun país da Unión Europea/Espazo Europeo/Suíza, e servizos prestados en institucións con contrato de servizos públicos (concertadas): 0,05 puntos/mes».

Debe dicir:

«– Por cada mes completo de servizos prestados exclusivamente como persoal estatutario temporal médico/a de familia ou categoría equivalente homologada pola conta e baixo a dependencia de institucións sanitarias no Sistema público de saúde de Galicia: 0,15 puntos/mes.

– Por cada mes completo de servizos prestados como persoal estatutario temporal médico/a de familia ou categoría equivalente homologada por conta e baixo dependencia de institucións sanitarias do sistema sanitario público doutros servizos de saúde do Sistema nacional de saúde: 0,075 puntos/mes.

– Por cada mes completo de servizos prestados como persoal temporal médico/a de familia ou categoría equivalente homologada por conta e baixo dependencia de institucións sanitarias públicas dun país da Unión Europea/Espazo Europeo/Suíza, e servizos prestados en institucións con contrato de servizos públicos (concertadas): 0,05 puntos/mes».