En sesión que tivo lugar o 28 de marzo de 2023, o tribunal nomeado polas resolucións do 8 de xullo de 2022 (DOG núm. 133, do 13 de xullo) e do 31 de agosto de 2022 (DOG núm. 168, do 5 de setembro) para cualificar o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica forestal, convocado pola Resolución do 16 de decembro de 2021 (DOG núm. 241, do 17 de decembro),
ACORDOU:
Primeiro. Publicar a cualificación obtida pola persoa aspirante presentada o 27 de marzo de 2023 ao terceiro exercicio do proceso selectivo no portal web corporativo da Xunta de Galicia, funcionpublica.xunta.gal
DNI |
Apelidos e nome |
Cualificación do terceiro exercicio |
**7750** |
Page Álvaro, Rubén |
Apto |
Segundo. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas en relación coas puntuacións no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Terceiro. De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra esta resolución poderase interpor un recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2023
Carlos Calzadilla Bouzón
Presidente do tribunal