A Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro, pola que se modifica a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, modifica os artigos 134 e 135 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, relativos á selección da dirección dos centros docentes públicos que imparten as ensinanzas reguladas nesta lei, os requisitos para ser persoas candidatas á dirección e o procedemento de selección. No artigo 134.1.c) establécese que as administracións educativas poderán considerar como requisito a formación a que se refire o número 6 do artigo 135, opción que se recolle nesta orde.
No artigo 133 establécese que a selección e nomeamento das direccións nos centros públicos se efectuará mediante concurso de méritos entre persoal docente de carreira que imparta algunha das ensinanzas encomendadas ao centro e que se realizará de conformidade cos principios de igualdade, publicidade, mérito e capacidade.
A selección, nomeamento e cesamento dos directores e directoras dos centros docentes públicos que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, establécese no Decreto 222/2022, do 7 de decembro (DOG do 11 de xaneiro de 2023), que derroga o Decreto 29/2007.
Procede convocar concurso de méritos para seleccionar as direccións dos centros que rematan o seu mandato no actual curso académico 2022/23 e non solicitaron a correspondente prórroga e aquelas direccións que rematan o seu mandato de carácter extraordinario ou accidental.
Na súa virtude, a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
ACORDA:
Artigo 1. Convocatoria
Convócase concurso de méritos para seleccionar e nomear as direccións dos centros docentes públicos onde se imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, que se relacionan no anexo I desta orde.
A selección realizarase de conformidade cos principios de igualdade, publicidade, mérito e capacidade.
Artigo 2. Requisitos para ser persoa candidata á dirección
2.1. Para participar neste concurso de méritos para ser nomeada directora ou director dun centro docente público dependente da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades deberán reunirse os seguintes requisitos:
a) Ser persoal funcionario de carreira dun corpo docente a que se refire a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, incluído o corpo a extinguir de profesores técnicos de formación profesional.
b) Ter unha antigüidade de polo menos cinco anos como persoal funcionario na función pública docente con nomeamento nun dos corpos a que se fai referencia na subepígrafe anterior.
c) Ter exercido funcións docentes como persoal funcionario, durante un período de polo menos cinco anos, nalgunha das ensinanzas das que ofrece o centro a que se opta. Para estes efectos, considéranse as mesmas ensinanzas a educación infantil e a educación primaria.
d) Estar prestando servizos nun centro educativo dependente da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e depender organicamente desta. Tamén poderán presentarse aquelas persoas en situación de servizos especiais, excedencia por coidado de familiares ou en excedencia voluntaria, sempre que se estivese nunha destas situacións por resolución da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e en 1 de xullo de 2023 se reúnan os requisitos para reingresar no servizo activo.
e) Posuír unha certificación acreditativa de ter superado un curso de formación sobre competencias para o desenvolvemento da función directiva impartido pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, polo Ministerio de Educación e Formación Profesional ou polas administracións educativas das restantes comunidades autónomas con validez en todo o territorio nacional.
Será, así mesmo, válida a superación dos cursos organizados por persoas físicas ou xurídicas determinadas por unha Administración educativa, sempre que conste expresamente que foron autorizados para os efectos establecidos no artigo 135.6 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
Estarán exentas de acreditar a superación deste programa de formación sobre o desenvolvemento da función directiva as persoas que acrediten unha experiencia de polo menos catro anos no exercicio da dirección de centros docentes públicos con avaliación positiva do seu traballo.
f) Presentar un proxecto de dirección nos termos previstos no artigo seguinte.
2.2. Para participar no concurso de méritos para ser nomeada/o directora ou director dun centro público específico de educación infantil, dun centro incompleto de educación primaria, nos centros de educación secundaria con menos de oito unidades, nos centros en que se imparten ensinanzas artísticas profesionais, deportivas, de idiomas ou nos centros específicos de adultos con menos de oito profesores, non se exixirán os requisitos establecidos nas letras b), c) e e) do punto 1 desta epígrafe.
2.3. Todos os requisitos enumerados anteriormente deberán posuírse e ser acreditados na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes.
2.4. O persoal funcionario de carreira do corpo de mestres que preste servizo nos centros que imparten ensino secundario obrigatorio poderá optar á dirección dos centros docentes en que se imparte o dito nivel educativo sempre que cumpra os requisitos sinalados nas epígrafes anteriores.
Así mesmo, de conformidade co establecido no punto 2 da disposición adicional cuarta do Real decreto 1594/2011, do 4 de novembro, poderá presentarse o persoal docente do corpo de mestres das especialidades de Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe que desempeñase funcións de atención á diversidade na educación secundaria durante, polo menos, cinco anos, e reúna os restantes requisitos sinalados nas epígrafes anteriores.
Artigo 3. Solicitudes e documentación
3.1. A solicitude de participación no concurso de méritos dirixirase á Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da provincia correspondente, e poderase imprimir e descargar unha vez formalizados os datos de participación no concurso a través do enderezo web www.edu.xunta.gal/cxt (anexo III).
Cómpre sinalar que para acceder a este servizo web é preciso dispor dun certificado electrónico, Chave365 ou conta de correo electrónico no dominio edu.xunta.gal. Aquelas persoas que decidan acceder ao enderezo web coa conta de correo electrónico e non dispoñan dela poderán solicitala a través da páxina web https://www.edu.xunta.gal/contausuario
Xunto coa solicitude achegarase, ademais:
a) Documentación acreditativa dos méritos académicos e profesionais alegados en relación co baremo que se publica como anexo II a esta orde, agás aqueles que xa consten na base de datos de persoal.
b) Documentación acreditativa de ter superado o curso de formación ou o curso de actualización sobre o desenvolvemento da función directiva, agás que xa conste na base de datos de persoal.
c) O proxecto de dirección que inclúa, polo menos, unha presentación e fundamentación do proxecto, os obxectivos, os plans e as liñas de actuación e a avaliación deste. O proxecto de dirección deberá estar orientado a lograr o éxito escolar de todo o alumnado e deberá incluír, entre outros, contidos en materia de igualdade entre mulleres e homes, non discriminación e prevención da violencia de xénero. De solicitarse máis dun centro deberá presentarse un proxecto específico de dirección para cada centro.
O proxecto de dirección non excederá os 30 folios DIN A4, nun tipo de letra: Times New Roman, tamaño de letra: 12, espazo entre liñas: 1,5.
3.2. Efectuarase unha solicitude por cada centro que se demande ata un máximo de dúas.
3.3. Así mesmo, o persoal participante no concurso de méritos remitirá ao centro ou centros docentes que solicite unha copia do seu proxecto de dirección. Este proxecto estará á disposición das persoas membros do claustro de profesores e do consello escolar na secretaría do centro durante un período mínimo de 10 días lectivos, no horario que estableza a dirección do centro.
No taboleiro de anuncios da sala de profesorado exporase unha relación das candidaturas presentadas, así como o prazo e o horario en que poderán verse os proxectos de dirección na secretaría.
3.4. A solicitude, xunto coa documentación a que se alude no punto anterior, poderase presentar no rexistro da Xunta de Galicia ou das súas delegacións territoriais, ou en calquera das dependencias a que alude o artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
No caso de que se opte por presentar a súa solicitude ante unha oficina de Correos, farase en sobre aberto, para que a solicitude sexa datada e selada polo persoal de Correos antes de ser certificada.
3.5. As persoas aspirantes serán responsables da veracidade da documentación achegada e, conforme se indica no formulario da solicitude, declararán que esa documentación é copia fiel dos orixinais que figuran no seu poder, sen prexuízo da posibilidade por parte da Administración de requirirlles en calquera momento a documentación orixinal. No caso de inexactitude, falsidade ou omisión en calquera dato ou documento achegado, isto comportará a perda do dereito á participación neste proceso, con independencia das responsabilidades que procedan, conforme dispón o artigo 69.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
3.6. Unicamente se terán en conta aqueles méritos debidamente xustificados dentro do prazo de presentación de solicitudes, sen prexuízo do establecido no artigo 4.2 desta orde.
Os méritos achegados para a súa valoración deberán posuírse na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes.
Artigo 4. Prazo de presentación de solicitudes e emenda
4.1. O prazo de presentación de solicitudes e documentación será de quince días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
4.2. Agás a presentación do proxecto de dirección, se a restante documentación achegada non reúne os requisitos exixidos na presente orde, a Comisión de Selección requirirá a persoa interesada para que emende a falta ou achegue os documentos preceptivos no prazo de 10 días hábiles desde a súa notificación e coa indicación de que, se así non o fixer, non lle serán tidos en conta ou, de ser o caso, realizarase a declaración de desistencia.
Artigo 5. Comisión de Selección
5.1. En cada centro educativo constituirase unha Comisión de Selección, nomeada pola persoa titular da xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, que terá como sede a localidade e local que decida a súa presidencia e que terá a seguinte composición:
a) Dúas persoas pertencentes ao corpo de inspección educativa, designadas pola persoa titular da xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, unha das cales exercerá a presidencia da Comisión.
b) Un director ou directora en activo en centros que impartan as mesmas ensinanzas que aquel no cal se desenvolve o procedemento de selección, con un ou máis períodos de exercicio con avaliación positiva do traballo desenvolvido, designado pola persoa titular da xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.
c) Tres profesores do centro elixidos polo claustro de profesores, de entre os cales se designará o secretario da Comisión. No caso de producirse empate no número de votos, repetirase unha vez a votación e, de persistir o empate, dirimirase por sorteo.
d) Tres membros non docentes do consello escolar elixidos polo propio consello escolar. No caso de producirse empate no número de votos, repetirase unha vez a votación e, de persistir o empate, dirimirase por sorteo.
5.2. Os alumnos e alumnas que, se é o caso, sexan nomeados como representantes do consello escolar terán que estar matriculados nun curso non inferior a terceiro de educación secundaria obrigatoria.
5.3. En ningún caso, as persoas candidatas á dirección poderán formar parte da Comisión de Selección.
5.4. Designarase unha persoa suplente de cada persoa integrante da Comisión de Selección en cada un dos ámbitos de representación, que actuará en substitución da persoa titular cando exista causa xustificada que impida a actuación desta.
5.5. Ás persoas integrantes da Comisión de Selección seranlles de aplicación as normas sobre abstención e recusación previstas no artigo 23 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.
5.6. A dirección do centro comunicará para o seu nomeamento as persoas representantes do claustro e do consello escolar na Comisión de Selección á xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, no prazo dos cinco días hábiles seguintes ao de remate do prazo de solicitudes establecido no artigo 4 desta orde, sen que se teñan en consideración posibles ampliacións deste.
5.7. A non elección das persoas representantes do claustro de profesores ou do consello escolar non impedirá a constitución e o normal funcionamento da Comisión de Selección.
5.8. A composición da Comisión de Selección publicarase no taboleiro de anuncios do centro.
Artigo 6. Composición da Comisión de Selección en determinados supostos
Cando o número de profesorado do centro sexa inferior a catro ou o número de candidaturas á dirección non lle permita ao claustro elixir tres persoas de entre o profesorado, a composición da Comisión de Selección será a seguinte:
a) Unha persoa pertencente ao corpo de inspección educativa designada pola persoa titular da xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, que exercerá a presidencia.
b) Un director ou directora en activo en centros que impartan as mesmas ensinanzas que aquel en que se desenvolve o procedemento de selección, con un ou máis períodos de exercicio con avaliación positiva do traballo desenvolvido, designado pola persoa titular da xefatura territorial da consellería competente en materia de educación.
c) Dous profesores do centro elixidos polo claustro de profesores, de entre os cales se designará o secretario da Comisión.
d) Dous membros non docentes do consello escolar elixidos polo propio consello escolar.
2. Composición excepcional da Comisión de Selección.
De xeito excepcional, cando non sexa posible nomear a Comisión de Selección de acordo co establecido no punto primeiro deste artigo por non poder nomear dúas persoas integrantes do profesorado do centro por mor das candidaturas presentadas, a composición será a seguinte:
a) Unha persoa pertencente ao corpo de inspección educativa designada pola persoa titular da xefatura territorial da consellería competente en materia de educación, que exercerá a presidencia.
b) Un profesor do centro elixido polo claustro de profesores, que será o secretario da Comisión.
c) Un membro non docente do consello escolar elixido polo propio consello escolar.
Artigo 7. Funcións da Comisión de Selección e procedemento de funcionamento
7.1. Recibidas as solicitudes dirixidas á xefatura territorial, a Comisión de Selección comprobará que o persoal aspirante reúne os requisitos establecidos nesta orde e notificaralle ao persoal aspirante a admisión ou exclusión da súa petición.
7.2. Contra a exclusión da solicitude, o persoal aspirante poderá presentar reclamación perante a propia comisión seleccionadora, no prazo de cinco días hábiles contados desde o día seguinte ao da notificación do rexeitamento da solicitude.
7.3. A Comisión de Selección valorará os méritos académicos e profesionais de cada persoa aspirante con destino no centro e, se for o caso, das persoas candidatas que non o teñen, de acordo co baremo que se publica como anexo II desta orde.
7.4. A Comisión de Selección valorará, así mesmo, os proxectos de dirección, de acordo co establecido no baremo que se publica no anexo II desta orde, e poderá ter unha entrevista co profesorado que presentou candidatura se considera necesario clarificar algúns aspectos do proxecto de dirección. Cando a Comisión de Selección decida a realización desta entrevista, deberá efectuala a todas e cada unha das persoas candidatas.
7.5. A cualificación do proxecto de dirección será a media aritmética das cualificacións de todas as persoas membros presentes da Comisión, que deberán deixar constancia por escrito da cualificación outorgada. Cando entre as puntuacións outorgadas polas persoas membros da Comisión exista unha diferenza de tres ou máis enteiros, serán automaticamente excluídas as cualificacións máxima e mínima, e calcularase a puntuación media entre as cualificacións restantes. No caso de empate entre cualificacións máximas ou mínimas, unicamente será excluída unha delas.
7.6. A Comisión de Selección publicará no taboleiro de anuncios do centro educativo a puntuación provisional das persoas candidatas á dirección. Contra esta puntuación poderá presentarse reclamación ante a propia comisión no prazo de cinco días hábiles computados a partir do día seguinte ao da súa publicación.
7.7. Cada persoa membro da Comisión elaborará un sucinto informe xustificativo da súa cualificación do proxecto de dirección.
Artigo 8. Selección do director
8.1. Transcorrido o prazo de reclamacións e, se é o caso, resoltas estas, a Comisión de Selección establecerá a puntuación final obtida polo persoal aspirante e seleccionará a persoa candidata que proporá como directora ou director do centro, para o seu nomeamento pola xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.
8.2. Para poder ser seleccionada e nomeada para a dirección é necesario obter polo menos seis puntos no proxecto de dirección.
8.3. A selección realizarase considerando primeiro as candidaturas do profesorado do centro, que terán preferencia. En ausencia de candidaturas do centro ou cando estas non superasen a puntuación mínima no proxecto de dirección, a comisión valorará as candidaturas do profesorado doutros centros.
8.4. No caso de se produciren empates na puntuación total das persoas aspirantes, estes dirimiranse atendendo sucesivamente aos seguintes criterios:
a) Maior puntuación no proxecto de dirección.
b) Maior puntuación na epígrafe 2 do baremo.
c) Maior puntuación na epígrafe 1 do baremo.
8.5. Se unha persoa candidata resulta seleccionada para dous centros, nomearase no centro en que teña destino definitivo. De non ter destino definitivo en ningún dos centros, será nomeada no centro polo que opte, e seleccionarase e nomearase no centro non elixido outra persoa aspirante que reúna os requisitos con maior puntuación.
Artigo 9. Recursos
Contra a decisión da Comisión de Selección, que resolve definitivamente o concurso de méritos de selección da dirección do centro, poderase interpoñer recurso de alzada, no prazo dun mes, ante a xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.
Artigo 10. Nomeamento
10.1. A persoa titular da xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades nomeará director do centro a persoa proposta pola Comisión Avaliadora.
10.2. Os nomeamentos dos directores terán efectos do 1 de xullo de 2023 e por unha duración de catro anos, prorrogables por períodos de igual duración, ata un máximo de tres mandatos, logo de avaliación positiva do traballo desenvolvido ao final destes, oído o consello escolar.
10.3. Cando o nomeamento recaia nun funcionario ou funcionaria que non teña destino definitivo no centro, o nomeamento implicará a concesión dunha comisión de servizos.
Artigo 11. Nomeamento con carácter extraordinario
Nos supostos de ausencia de persoas candidatas, ou cando a comisión correspondente non seleccione ningunha persoa candidata, ou nos centros de nova creación, a dirección será nomeada pola persoa titular da xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, oído o consello escolar, por un período de dous anos, entre o profesorado que reúna os requisitos establecidos no artigo 2 desta orde, agás as epígrafes e) e f).
A persoa nomeada deberá realizar a formación para o desenvolvemento da función directiva prevista no artigo 2.1.e) desta orde, agás que xa a posúa ou estivese exenta da súa realización.
Disposición adicional primeira. Impugnación da orde
Esta orde poderá ser impugnada mediante recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente mediante recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, de acordo co establecido no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2023
Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional
e Universidades
ANEXO I
Centros con praza vacante de dirección para o curso 2023/24
Código |
Centro |
Concello |
Provincia |
15020969 |
CEIP Plurilingüe Mosteiro de Caaveiro |
A Capela |
A Coruña |
15004988 |
CEIP Eusebio da Guarda |
A Coruña |
A Coruña |
15005026 |
CEIP Torre de Hércules |
A Coruña |
A Coruña |
15004964 |
CEIP Plurilingüe Concepción Arenal |
A Coruña |
A Coruña |
15021536 |
CEIP Plurilingüe Víctor López Seoane |
A Coruña |
A Coruña |
15025025 |
CEIP San Francisco Javier |
A Coruña |
A Coruña |
15000107 |
CEIP A Maía |
Ames |
A Coruña |
15013643 |
CEIP Plurilingüe A Magdalena |
As Pontes de García Rodríguez |
A Coruña |
15013591 |
CEIP Plurilingüe Santa María |
As Pontes de García Rodríguez |
A Coruña |
15026194 |
CEIP Plurilingüe A Fraga |
As Pontes de García Rodríguez |
A Coruña |
15021500 |
CEIP Santa Baia |
Boiro |
A Coruña |
15001847 |
CEIP Plurilingüe de Pedrouzos |
Brión |
A Coruña |
15002025 |
CEIP Plurilingüe Eladia Mariño |
Cabanas |
A Coruña |
15002086 |
CEIP Plurilingüe de Ponte do Porto |
Camariñas |
A Coruña |
15002050 |
CEIP O Areal |
Camariñas |
A Coruña |
15002165 |
CEIP Wenceslao Fernández Flórez |
Cambre |
A Coruña |
15023053 |
CEIP Portofaro |
Cambre |
A Coruña |
15023065 |
CEIP Gonzalo Torrente Ballester |
Cambre |
A Coruña |
15032426 |
CEIP Plurilingüe Graxal |
Cambre |
A Coruña |
15021524 |
CEIP Plurilingüe A Cristina |
Carballo |
A Coruña |
15021354 |
CEIP Bergantiños |
Carballo |
A Coruña |
15027393 |
CEIP Xesús San Luís Romero |
Carballo |
A Coruña |
15011661 |
CEIP Manuel Fraga Iribarne |
Cariño |
A Coruña |
15002761 |
CEIP Plurilingüe de Carnota |
Carnota |
A Coruña |
15032959 |
CEIP Plurilingüe Vicente Otero Valcárcel |
Carral |
A Coruña |
15003054 |
CEIP Nicolás del Río |
Cedeira |
A Coruña |
15003248 |
CEIP Plurilingüe Vila de Cee (ant. Eugenio López) |
Cee |
A Coruña |
15003534 |
CEIP da Barqueira |
Cerdido |
A Coruña |
15003789 |
CEIP Praia de Quenxe |
Corcubión |
A Coruña |
15003807 |
CEIP de Bormoio-Agualada |
Coristanco |
A Coruña |
15002670 |
CEIP Canosa-Rus |
Coristanco |
A Coruña |
15027708 |
CEIP Plurilingüe Ría do Burgo |
Culleredo |
A Coruña |
15021810 |
CEIP Plurilingüe Santa Eulalia de Dumbría |
Dumbría |
A Coruña |
15020982 |
CEIP Plurilingüe O Ramo |
Fene |
A Coruña |
15022981 |
CEIP Plurilingüe de Centieiras |
Fene |
A Coruña |
15021834 |
CEIP Manuel Masdías |
Ferrol |
A Coruña |
15021846 |
CEIP Plurilingüe San Xoán de Filgueira |
Ferrol |
A Coruña |
15006699 |
CEIP Plurilingüe Ángela Ruiz Robles |
Ferrol |
A Coruña |
15008398 |
CEIP Francisco López Estrada |
Mañón |
A Coruña |
15009391 |
CEIP Santiago Apóstolo |
Mugardos |
A Coruña |
15009597 |
CEIP de Vilarmide-Eduardo Noya |
Muxía |
A Coruña |
15022310 |
CEIP A Gándara |
Narón |
A Coruña |
15025050 |
CEIP Ramón María del Valle-Inclán |
Oleiros |
A Coruña |
15013230 |
CEIP As Forcadas |
Ponteceso |
A Coruña |
15013291 |
CEIP Eduardo Pondal |
Ponteceso |
A Coruña |
15024963 |
CEIP Plurilingüe de Andrade |
Pontedeume |
A Coruña |
15025281 |
CEIP de Olveira |
Ribeira |
A Coruña |
15014799 |
CEIP Plurilingüe de Pumar-Urdilde |
Rois |
A Coruña |
15014829 |
CEIP Pedro Barrié de la Maza |
Sada |
A Coruña |
15014881 |
CEIP Sada y sus Contornos |
Sada |
A Coruña |
15026777 |
CEIP Plurilingüe Pepe de Xan Baña |
Santa Comba |
A Coruña |
15015652 |
CEIP Apóstolo Santiago |
Santiago de Compostela |
A Coruña |
15027332 |
CEIP das Fontiñas |
Santiago de Compostela |
A Coruña |
15024975 |
CEIP Pío XII |
Santiago de Compostela |
A Coruña |
15015688 |
CEIP Raíña Fabiola |
Santiago de Compostela |
A Coruña |
15016085 |
CEIP Arquitecto Casas Novoa |
Santiago de Compostela |
A Coruña |
15017041 |
CEIP A Igrexa-Calo |
Teo |
A Coruña |
15017314 |
CEIP Plurilingüe de Toques |
Toques |
A Coruña |
15019372 |
CEIP Plurilingüe San Vicenzo |
Vimianzo |
A Coruña |
15019086 |
CEIP Labarta Pose |
Zas |
A Coruña |
15013199 |
CEP Plurilingüe Salustiano Rey Eiras |
A Pobra do Caramiñal |
A Coruña |
15025220 |
CEP Plurilingüe de Ventín |
Ames |
A Coruña |
15023430 |
CEP Xosé María Brea Segade |
Rianxo |
A Coruña |
15013163 |
EEI Fernández Varela |
A Pobra do Caramiñal |
A Coruña |
15032561 |
CRA de Bergondo |
Bergondo |
A Coruña |
15032480 |
CRA de Culleredo |
Culleredo |
A Coruña |
15032492 |
CRA de Dodro |
Dodro |
A Coruña |
15027551 |
CRA de Rianxo |
Rianxo |
A Coruña |
15026169 |
CRA de Teo |
Teo |
A Coruña |
15006729 |
CEE Terra de Ferrol |
Ferrol |
A Coruña |
15032327 |
CEE O Pedroso |
Santiago de Compostela |
A Coruña |
15003881 |
CPI Alcalde Xosé Pichel |
Coristanco |
A Coruña |
15008714 |
CPI Plurilingüe da Picota |
Mazaricos |
A Coruña |
15009241 |
CPI Plurilingüe Virxe da Cela |
Monfero |
A Coruña |
15014738 |
CPI Plurilingüe dos Dices |
Rois |
A Coruña |
15032650 |
EPAPU de Teixeiro |
Curtis |
A Coruña |
15025530 |
IES da Pobra do Caramiñal |
A Pobra do Caramiñal |
A Coruña |
15032807 |
IES do Milladoiro |
Ames |
A Coruña |
15027733 |
IES de Arzúa |
Arzúa |
A Coruña |
15026698 |
IES Espiñeira |
Boiro |
A Coruña |
15023338 |
IES Praia Barraña |
Boiro |
A Coruña |
15002581 |
IES Alfredo Brañas |
Carballo |
A Coruña |
15002591 |
IES Monte Neme |
Carballo |
A Coruña |
15032923 |
IES de Carral |
Carral |
A Coruña |
15026376 |
IES Punta Candieira |
Cedeira |
A Coruña |
15003212 |
IES Agra de Raíces |
Cee |
A Coruña |
15003224 |
IES Fernando Blanco |
Cee |
A Coruña |
15021470 |
IES Canido |
Ferrol |
A Coruña |
15006742 |
IES Concepción Arenal |
Ferrol |
A Coruña |
15006687 |
IES de Catabois |
Ferrol |
A Coruña |
15025566 |
IES Ferrol Vello |
Ferrol |
A Coruña |
15006791 |
IES Saturnino Montojo |
Ferrol |
A Coruña |
15008817 |
IES de Melide |
Melide |
A Coruña |
15026388 |
IES Plurilingüe Fontexería |
Muros |
A Coruña |
15025268 |
IES As Telleiras |
Narón |
A Coruña |
15027216 |
IES Fernando Esquío |
Neda |
A Coruña |
15026731 |
IES Campo de San Alberto |
Noia |
A Coruña |
15010812 |
IES Virxe do Mar |
Noia |
A Coruña |
15026121 |
IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas |
Oleiros |
A Coruña |
15027782 |
IES Ordes |
Ordes |
A Coruña |
15027964 |
IES de Oroso |
Oroso |
A Coruña |
15023090 |
IES Macías o Namorado |
Padrón |
A Coruña |
15026406 |
IES Eduardo Pondal |
Ponteceso |
A Coruña |
15027711 |
IES Leliadoura |
Ribeira |
A Coruña |
15032662 |
IES O Mosteirón |
Sada |
A Coruña |
15026030 |
IES Terra de Xallas |
Santa Comba |
A Coruña |
15025301 |
IES Arcebispo Xelmírez II |
Santiago de Compostela |
A Coruña |
15015743 |
IES Arcebispo Xelmírez I |
Santiago de Compostela |
A Coruña |
15027411 |
IES de Cacheiras |
Teo |
A Coruña |
15027368 |
IES Maximino Romero de Lema |
Zas |
A Coruña |
15000338 |
CPI As Mirandas |
Ares |
A Coruña |
15001926 |
CPI As Revoltas |
Cabana de Bergantiños |
A Coruña |
15007400 |
CPI de Ponte Carreira |
Frades |
A Coruña |
15019281 |
CPI de Zas |
Zas |
A Coruña |
15032194 |
EOI de Santiago de Compostela |
Santiago de Compostela |
A Coruña |
15027617 |
CMUS Profesional Xan Viaño |
Ferrol |
A Coruña |
27003850 |
CEIP Plurilingüe Santa María |
A Fonsagrada |
Lugo |
27000629 |
CEIP Plurilingüe San Xoán |
Becerreá |
Lugo |
27001087 |
CEIP Rosalía de Castro |
Bóveda |
Lugo |
27001609 |
CEIP Ramón Falcón |
Castro de Rei |
Lugo |
27020859 |
CEIP Península da Paz |
Cervo |
Lugo |
27005056 |
CEIP Plurilingüe Santo Estevo de Parga |
Guitiriz |
Lugo |
27006292 |
CEIP As Gándaras |
Lugo |
Lugo |
27006334 |
CEIP das Mercedes |
Lugo |
Lugo |
27006395 |
CEIP Plurilingüe Benigno Quiroga Ballesteros |
Lugo |
Lugo |
27013673 |
CEIP de Casás |
Lugo |
Lugo |
27016467 |
CEIP Menéndez Pelayo |
Lugo |
Lugo |
27016662 |
CEIP Plurilingüe de Monforte de Lemos |
Monforte de Lemos |
Lugo |
27020801 |
CEIP Plurilingüe de Monterroso |
Monterroso |
Lugo |
27012887 |
CEIP do Vicedo |
O Vicedo |
Lugo |
27016406 |
CEIP Plurilingüe de Covas |
Viveiro |
Lugo |
27016674 |
CEP Luís Tobío |
Viveiro |
Lugo |
27005691 |
CEIP Plurilingüe Pedro Caselles Rollán |
Xove |
Lugo |
27014811 |
IES Plurilingüe Fontem Albei |
A Fonsagrada |
Lugo |
27016297 |
IES Enrique Muruais |
A Pontenova |
Lugo |
27016649 |
IES Alfoz-Valadouro |
Alfoz |
Lugo |
27013958 |
IES Monte Castelo |
Burela |
Lugo |
27003175 |
IES Val do Asma |
Chantada |
Lugo |
27020562 |
IES de Foz |
Foz |
Lugo |
27015773 |
IES Muralla Romana |
Lugo |
Lugo |
27006553 |
IES Xoán Montes |
Lugo |
Lugo |
27006966 |
IES Plurilingüe San Rosendo |
Mondoñedo |
Lugo |
27007247 |
IES Francisco Daviña Rey |
Monforte de Lemos |
Lugo |
27016352 |
IES do Camiño |
Palas de Rei |
Lugo |
27015189 |
IES de Quiroga |
Quiroga |
Lugo |
27013326 |
IES Lois Peña Novo |
Vilalba |
Lugo |
27013648 |
IES Vilar Ponte |
Viveiro |
Lugo |
27003655 |
CPI Poeta Uxío Novoneyra |
Folgoso do Courel |
Lugo |
27005913 |
CPI Ramón Piñeiro |
Láncara |
Lugo |
27016421 |
EOI de Monforte de Lemos |
Monforte de Lemos |
Lugo |
27020628 |
EOI de Viveiro Luz Pozo Garza |
Viveiro |
Lugo |
27020707 |
CDAN Conservatorio Profesional de Danza |
Lugo |
Lugo |
32011755 |
CEIP Manuel Respino |
A Rúa |
Ourense |
32000058 |
CEIP Padre Feijoo |
Allariz |
Ourense |
32001002 |
CEIP Xoaquín Lourenzo Xocas |
Bande |
Ourense |
32003059 |
CEIP San Marcos |
Cartelle |
Ourense |
32003771 |
CEIP Plurilingüe Curros Enríquez |
Celanova |
Ourense |
32006000 |
CEIP Emilia Pardo Bazán |
Leiro |
Ourense |
32015116 |
CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa |
O Barco de Valdeorras |
Ourense |
32016327 |
CEIP A Ponte |
Ourense |
Ourense |
32009153 |
CEIP Mariñamansa |
Ourense |
Ourense |
32015190 |
CEIP Plurilingüe Albino Núñez |
Ourense |
Ourense |
32008847 |
CEIP Plurilingüe Amadeo Rodríguez Barroso |
Ourense |
Ourense |
32008392 |
CEIP Plurilingüe Inmaculada |
Ourense |
Ourense |
32008801 |
CEIP Plurilingüe Irmáns Villar |
Ourense |
Ourense |
32011901 |
CEIP Plurilingüe Virxe do Camiño |
Rubiá |
Ourense |
32013521 |
CEIP Princesa de España |
Verín |
Ourense |
32014501 |
CEIP Plurilingüe Rodolfo Núñez Rodríguez |
Vilardevós |
Ourense |
32004829 |
CEIP Rosalía de Castro |
Xinzo de Limia |
Ourense |
32015529 |
CEE O Pino |
Ourense |
Ourense |
32016340 |
IES Aquis Querquernis |
Bande |
Ourense |
32008941 |
IES Eduardo Blanco Amor |
Ourense |
Ourense |
32015475 |
IES O Ribeiro |
Ribadavia |
Ourense |
32016790 |
IES Castro de Baronceli |
Verín |
Ourense |
32013582 |
IES García-Barbón |
Verín |
Ourense |
32015232 |
IES Lagoa de Antela |
Xinzo de Limia |
Ourense |
32015177 |
CPI de Padrenda-Crespos |
Padrenda |
Ourense |
36003480 |
CEIP Agolada |
Agolada |
Pontevedra |
36000181 |
CEIP Amor Ruibal |
Barro |
Pontevedra |
36000341 |
CEIP Plurilingüe A Pedra |
Bueu |
Pontevedra |
36000375 |
CEIP Plurilingüe da Torre-Cela |
Bueu |
Pontevedra |
36000508 |
CEIP Plurilingüe de Castrelo |
Cambados |
Pontevedra |
36000648 |
CEIP Plurilingüe Enrique Barreiro Piñeiro |
Cambados |
Pontevedra |
36015093 |
CEIP San Tomé |
Cambados |
Pontevedra |
36018975 |
CEIP A Rúa |
Cangas |
Pontevedra |
36001057 |
CEIP do Hío |
Cangas |
Pontevedra |
36001690 |
CEIP Antonio Blanco Rodríguez |
Covelo |
Pontevedra |
36001707 |
CEIP Pl. Manuel Sieiro |
Crecente |
Pontevedra |
36004149 |
CEIP Xoaquín Loriga |
Lalín |
Pontevedra |
36004681 |
CEIP de Seixo |
Marín |
Pontevedra |
36004691 |
CEIP de Coirón-Dena |
Meaño |
Pontevedra |
36016607 |
CEIP de Quintela |
Moaña |
Pontevedra |
36013552 |
CEIP de Seara |
Moaña |
Pontevedra |
36005142 |
CEIP Plurilingüe de Santa Lucía |
Moraña |
Pontevedra |
36005245 |
CEIP Mestre Martínez Alonso |
Mos |
Pontevedra |
36017648 |
CEIP Mestre Valverde Mayo |
Mos |
Pontevedra |
36013564 |
CEIP Pl. Pena de Francia |
Mos |
Pontevedra |
36005956 |
CEIP Carlos Casares |
Nigrán |
Pontevedra |
36003807 |
CEIP Rosalía de Castro |
O Grove |
Pontevedra |
36018100 |
CEIP As Bizocas |
O Grove |
Pontevedra |
36014878 |
CEIP Plurilingüe de Conmeniño |
O Grove |
Pontevedra |
36018422 |
CEIP Plurilingüe de Atios |
O Porriño |
Pontevedra |
36007023 |
CEIP Xosé Fernández López |
O Porriño |
Pontevedra |
36017715 |
CEIP Plurilingüe Antonio Palacios |
O Porriño |
Pontevedra |
36006067 |
CEIP Mestre Manuel García |
Oia |
Pontevedra |
36007199 |
CEIP Plurilingüe Isidora Riestra |
Poio |
Pontevedra |
36007591 |
CEIP Manuel Cordo Boullosa |
Ponte Caldelas |
Pontevedra |
36007539 |
CEIP Fermín Bouza Brey |
Ponteareas |
Pontevedra |
36016954 |
CEIP P. Mestre Ramiro Sabell Mosquera |
Ponteareas |
Pontevedra |
36006122 |
CEIP A Xunqueira nº 1 |
Pontevedra |
Pontevedra |
36015172 |
CEIP A Xunqueira nº 2 |
Pontevedra |
Pontevedra |
36018690 |
CEIP de Cabanas |
Pontevedra |
Pontevedra |
36006316 |
CEIP Daría González García |
Pontevedra |
Pontevedra |
36006353 |
CEIP de Vilaverde-Mourente |
Pontevedra |
Pontevedra |
36007631 |
CEIP de Porto Cabeiro |
Redondela |
Pontevedra |
36014881 |
CEIP P. Alexandre Bóveda |
Redondela |
Pontevedra |
36008751 |
CEIP Plurilingüe Infante Felipe de Borbón |
Salvaterra de Miño |
Pontevedra |
36008829 |
CEIP Magaláns-Dorrón |
Sanxenxo |
Pontevedra |
36008805 |
CEIP Plurilingüe de Portonovo |
Sanxenxo |
Pontevedra |
36008878 |
CEIP Plurilingüe Cruceiro |
Sanxenxo |
Pontevedra |
36019104 |
CEIP Plurilingüe de Nantes |
Sanxenxo |
Pontevedra |
36009135 |
CEIP Plurilingüe de Silleda |
Silleda |
Pontevedra |
36001665 |
CEIP de Tenorio |
Tenorio |
Pontevedra |
36009494 |
CEIP Plur. de Tebra |
Tomiño |
Pontevedra |
36009895 |
CEIP nº 2 |
Tui |
Pontevedra |
36018471 |
CEIP de Rebordáns |
Tui |
Pontevedra |
36016668 |
CEIP de Caldelas |
Tui |
Pontevedra |
36010125 |
CEIP de Fonte Escura |
Vigo |
Pontevedra |
36010228 |
CEIP A Paz |
Vigo |
Pontevedra |
36015354 |
CEIP Plurilingüe da Carrasqueira |
Vigo |
Pontevedra |
36010472 |
CEIP Plurilingüe Ría de Vigo |
Vigo |
Pontevedra |
36009974 |
CEIP Coutada-Beade |
Vigo |
Pontevedra |
36010241 |
CEIP Illas Cíes |
Vigo |
Pontevedra |
36010071 |
CEIP Santa Mariña |
Vigo |
Pontevedra |
36010083 |
CEIP Carballal Cabral |
Vigo |
Pontevedra |
36016061 |
CEIP A Doblada |
Vigo |
Pontevedra |
36015366 |
CEIP Plurilingüe O Pombal |
Vigo |
Pontevedra |
36010587 |
CEIP Sárdoma Moledo |
Vigo |
Pontevedra |
36010460 |
CEIP Alfonso D. Rguez. Castelao |
Vigo |
Pontevedra |
36010150 |
CEIP Mestres Goldar |
Vigo |
Pontevedra |
36010678 |
CEIP Pluril. Paraixal |
Vigo |
Pontevedra |
36010708 |
CEIP Emilia Pardo Bazán |
Vigo |
Pontevedra |
36010721 |
CEIP P. Ramón y Cajal |
Vigo |
Pontevedra |
36012183 |
CEIP Nosa Señora da Piedade |
Vila de Cruces |
Pontevedra |
36012407 |
CEIP A Lomba |
Vilagarcía de Arousa |
Pontevedra |
36015652 |
CEIP O Piñeiriño |
Vilagarcía de Arousa |
Pontevedra |
36012584 |
CEIP Pl. Rosalía de Castro |
Vilagarcía de Arousa |
Pontevedra |
36015263 |
CEIP Pl. de Rubiáns |
Vilagarcía de Arousa |
Pontevedra |
36012742 |
CEIP Pl. de Vilaxoán |
Vilagarcía de Arousa |
Pontevedra |
36013059 |
CEIP de Viñagrande-Deiro |
Vilanova de Arousa |
Pontevedra |
36012985 |
CEIP Plurilingüe de Sestelo-Baión |
Vilanova de Arousa |
Pontevedra |
36064220 |
CEP Campolongo |
Pontevedra |
Pontevedra |
36019611 |
CEP Marcos da Portela |
Pontevedra |
Pontevedra |
36007710 |
CEP Santa Mariña |
Redondela |
Pontevedra |
36016966 |
CEP Carlos Casares |
Salvaterra de Miño |
Pontevedra |
36018161 |
CEP Pl. Xesús Ferro Couselo |
Valga |
Pontevedra |
36010711 |
CEP Dr. Fléming |
Vigo |
Pontevedra |
36014556 |
CEP Pluril. Santa Tegra |
Vigo |
Pontevedra |
36014982 |
EEI O Grupo |
Marín |
Pontevedra |
36016796 |
EEI de Verducedo |
Moaña |
Pontevedra |
36016814 |
EEI do Con |
Moaña |
Pontevedra |
36015160 |
EEI As Dunas Panxón |
Nigrán |
Pontevedra |
36014799 |
EEI Vila Laura |
Vigo |
Pontevedra |
36024173 |
CRA María Zambrano |
O Rosal |
Pontevedra |
36024069 |
CRA A Picaraña |
Ponteareas |
Pontevedra |
36024070 |
CRA A Lagoa |
Salvaterra de Miño |
Pontevedra |
36024161 |
CRA de Valga |
Valga |
Pontevedra |
36024756 |
CEE de Panxón |
Nigrán |
Pontevedra |
36010733 |
CEE Saladino Cortizo |
Vigo |
Pontevedra |
36016772 |
CEE de Vilagarcía de Arousa |
Vilagarcía de Arousa |
Pontevedra |
36002359 |
IES Antón Losada Diéguez |
A Estrada |
Pontevedra |
36020258 |
IES nº 1 |
A Estrada |
Pontevedra |
36020283 |
IES da Illa de Arousa |
A Illa de Arousa |
Pontevedra |
36019402 |
IES Pazo da Mercé |
As Neves |
Pontevedra |
36019657 |
IES Primeiro de Marzo |
Baiona |
Pontevedra |
36020234 |
IES de Barro |
Barro |
Pontevedra |
36020246 |
IES Illa de Ons |
Bueu |
Pontevedra |
36000481 |
IES Ramón Cabanillas |
Cambados |
Pontevedra |
36000922 |
IES María Soliño |
Cangas |
Pontevedra |
36018501 |
IES Monte Carrasco |
Cangas |
Pontevedra |
36019323 |
IES Chano Piñeiro |
Forcarei |
Pontevedra |
36004551 |
IES Illa de Tambo |
Marín |
Pontevedra |
36020295 |
IES Mestre Landín |
Marín |
Pontevedra |
36020301 |
IES de Meaño |
Meaño |
Pontevedra |
36018999 |
IES As Barxas |
Moaña |
Pontevedra |
36015184 |
IES Escolas Proval |
Nigrán |
Pontevedra |
36019232 |
IES Monte da Vila |
O Grove |
Pontevedra |
36020341 |
IES de Poio |
Poio |
Pontevedra |
36020313 |
IES de Ponte Caldelas |
Ponte Caldelas |
Pontevedra |
36019268 |
IES Gonzalo Torrente Ballester |
Pontevedra |
Pontevedra |
36020325 |
IES Illa de San Simón |
Redondela |
Pontevedra |
36016656 |
IES Pedro Floriani |
Redondela |
Pontevedra |
36019751 |
IES Antón Alonso Ríos |
Tomiño |
Pontevedra |
36009901 |
IES San Paio |
Tui |
Pontevedra |
36019426 |
IES Coruxo |
Vigo |
Pontevedra |
36011798 |
IES Alexandre Bóveda |
Vigo |
Pontevedra |
36016681 |
IES Carlos Casares |
Vigo |
Pontevedra |
36017430 |
IES Ricardo Mella |
Vigo |
Pontevedra |
36018461 |
IES República Oriental do Uruguai |
Vigo |
Pontevedra |
36019050 |
IES de Beade |
Vigo |
Pontevedra |
36011567 |
IES Castelao |
Vigo |
Pontevedra |
36014601 |
IES Álvaro Cunqueiro |
Vigo |
Pontevedra |
36020386 |
IES Marco do Camballón |
Vila de Cruces |
Pontevedra |
36019414 |
IES A Basella |
Vilanova de Arousa |
Pontevedra |
36024203 |
IES Faro das Lúas |
Vilanova de Arousa |
Pontevedra |
36001148 |
CPI da Cañiza |
A Cañiza |
Pontevedra |
36024598 |
EOI de Vilagarcía |
Vilagarcía de Arousa |
Pontevedra |
36024586 |
Escola Superior de Arte Dramática |
Vigo |
Pontevedra |
ANEXO II
Méritos |
Puntos |
Documentación xustificativa |
1. Antigüidade (máximo 5 puntos). Baremación de oficio desta epígrafe, agás no caso de non ter actualizado o seu expediente persoal, caso en que deberá achegar a documentación xustificativa que se indica. |
||
1.1. Por cada ano de servizos como persoal funcionario que superen os cinco exixidos como requisitos: A fracción de mes computarase por 0,041 puntos |
0,50 |
Certificación ou folla de servizos expedida pola xefatura territorial correspondente ou copia simple do título administrativo coas dilixencias das distintas tomas de posesión e cesamentos que tivese desde o seu nomeamento como persoal funcionario ou, se é o caso, dos correspondentes documentos de inscrición nos rexistros de persoal. |
1.2. Por cada ano de servizos como persoal funcionario noutros corpos ou escalas docentes que impartan algunha das ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación: A fracción de mes computarase por 0,020 puntos |
0,25 |
|
2. Desempeño da dirección de centros públicos e outros cargos directivos e de postos na Administración educativa (máximo 5 puntos). Baremación de oficio desta epígrafe, agás no caso de non ter actualizado o seu expediente persoal, caso en que deberá achegar a documentación xustificativa que se indica. |
||
2.1. Por cada ano como persoa titular da dirección dun centro que impartise algunha das ensinanzas do centro a que se opta: A fracción de mes computarase por 0,083 puntos |
1 |
Copia simple do nomeamento, coas dilixencias da toma de posesión e cesamento. |
2.2. Por cada ano como persoa titular da dirección dun centro que non impartise algunha das ensinanzas do centro a que se opta: A fracción de mes computarase por 0,041 puntos |
0,50 |
|
2.3. Por cada ano como persoa titular da subdirección ou xefatura de servizo en postos da Administración educativa: A fracción de mes computarase por 0,041 puntos |
0,50 |
|
2.4. Por cada ano como persoa titular da vicedirección, subdirección, secretaría ou xefatura de estudos dun centro que impartise algunha das ensinanzas do centro a que se opta: A fracción de mes computarase por 0,041 puntos |
0,50 |
|
2.5. Por cada ano como persoa titular da vicedirección, subdirección, secretaría ou xefatura de estudos dun centro que non impartise algunha das ensinanzas do centro a que se opta: A fracción de mes computarase por 0,020 puntos |
0,25 |
|
2.6. Por cada ano como persoa titular da xefatura de departamento, coordinación dos equipos de normalización lingüística, coordinación de ciclo, coordinación do proxecto Abalar, coordinación de centro plurilingüe, coordinación de sección bilingüe, coordinación de auxiliares de conversa, responsable/coordinación do equipo de actividades complementarias e extraescolares, responsable/coordinación da dinamización das TIC, responsable/coordinación de biblioteca, responsable/coordinación da convivencia escolar, responsable da mellora da calidade educativa e de programas internacionais, coordinación do equipo de dinamización da lingua galega, coordinación de formación en centros de traballo, coordinación do bacharelato internacional, coordinación de emprendemento, coordinación de programas internacionais, coordinación de innovación e formación do profesorado, coordinación de biblioteca de centro integrado, coordinación de residencia, xefatura de seminario, departamento ou división de centros públicos docentes, asesoría de formación permanente, asesoría Abalar, asesoría Siega, dun centro que impartise algunha das ensinanzas do centro a que se opta: A fracción de mes computarase por 0,012 puntos |
0,15 |
|
3. Méritos académicos: máximo 1 punto. Baremación de oficio desta epígrafe, agás no caso de non ter actualizado o seu expediente persoal, caso en que deberá achegar a documentación xustificativa que se indica. |
||
3.1. Por cada título de doutoramento: |
0,50 |
Copia simple do título ou certificación do pagamento dos dereitos de expedición, de acordo co previsto no Real decreto 1002/2010, do 5 de agosto (BOE do 6 de agosto). |
3.2. Por cada título de licenciatura, enxeñaría ou arquitectura distinto do alegado para ingreso no corpo, ou polo certificado-diploma de estudos avanzados: |
0,30 |
|
3.3. Por cada título de grao distinto do alegado para ingreso no corpo |
0,25 |
|
3.4. Por cada título de diplomatura universitaria ou equivalente distinto do alegado para ingreso no corpo: |
0,15 |
|
4. Cursos de formación: máximo 3 puntos. Baremación de oficio desta epígrafe agás no caso de non ter actualizado o seu expediente persoal, caso en que deberá achegar a documentación xustificativa que se indica. Por cursos de formación relacionados coa función directiva organizados polas administracións educativas que se atopen en pleno exercicio das súas competencias en materia educativa, por institucións sen ánimo de lucro que fosen homologados ou recoñecidos polas administracións citadas con anterioridade, así como os organizados polas universidades: 0,05 puntos por cada 10 horas. |
||
4.1. Por actividades e cursos recibidos: |
Ata 2 |
Certificado deles en que conste de modo expreso o número de horas de duración do curso. No caso dos organizados polas institucións sen ánimo de lucro, deberá acreditarse de forma que faga fe o recoñecemento ou homologación. |
4.2. Por cursos impartidos: |
Ata 1 |
|
5. Corpo de catedráticos. Baremación de oficio desta epígrafe. |
||
Por pertencer a un dos corpos de catedráticos regulados na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación: |
0,50 |
Baremación de oficio deste mérito. |
6. Proxecto de dirección. |
||
Polo proxecto de dirección: |
Ata 12 |
Orixinal deste. |
Disposición complementaria única
Na valoración do proxecto de dirección aplicaranse os seguintes criterios:
Epígrafes do proxecto |
Puntuación máxima |
Presentación e fundamentos do proxecto |
2 |
Obxectivos |
3 |
Plans e liñas de actuación |
4 |
Avaliación do proxecto |
3 |