Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 5 de abril de 2023 Páx. 22338

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Xuventude

RESOLUCIÓN do 24 de marzo de 2023, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publica o requirimento de emenda da documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 11 de xaneiro de 2023 pola que se regulan as bases que rexerán as subvencións para entidades de acción voluntaria de carácter privado para o fomento e a realización de actividades de voluntariado e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento BS508B).

O 26 de xaneiro de 2023, publícase no Diario Oficial de Galicia número 18, a Orde do 11 de xaneiro pola que se regulan as bases que rexerán as subvencións para entidades de acción voluntaria de carácter privado para o fomento e a realización de actividades de voluntariado e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento BS508B).

O artigo 6 da orde de convocatoria establece o prazo e a forma de presentación das solicitudes. O prazo de presentación de solicitudes sinalado no citado artigo é dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, no artigo 7 da orde determínase a documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento.

Unha vez revisadas as solicitudes presentadas ao abeiro da dita orde de convocatoria polo órgano encargado da instrución, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non tela presentado, ben por conter erros ou por non ser suficiente para a determinación do cumprimento dos requisitos exixidos para a súa posterior remisión á comisión encargada da súa valoración.

O artigo 8 da dita orde establece, de conformidade co previsto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, que se na solicitude se aprecian defectos ou falta de documentación, o órgano instrutor requirirá a entidade solicitante para que, nun prazo de dez (10) días hábiles desde o día seguinte á notificación do dito requirimento, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixer, se considerará desistida da súa petición, logo de resolución, que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da referida lei.

Así mesmo, o artigo 14 da orde de convocatoria establece que se publicarán no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 45 da dita Lei 39/2015, do 1 de outubro, os actos administrativos e a correspondente resolución deste procedemento e que esta publicación producirá os efectos de notificación.

Por todo o exposto,

RESOLVO:

1. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do acto de requirimento de emenda de solicitudes ditado polo órgano instrutor do procedemento o 23 de marzo de 2023 no cal se relacionan as entidades que deben emendar a solicitude e/ou completar a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras, e que figura como anexo desta resolución.

2. Facer indicación expresa a todas as entidades solicitantes recollidas no anexo de que son requiridas para que, no prazo de dez (10) días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos conforme se establece na orde de convocatoria. De non o facer, daranse por desistidas na súa petición, logo de resolución, que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

3. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda da documentación das solicitudes, poderán dirixirse á Consellería de Política Social e Xuventude a través dos teléfonos 981 95 79 15 ou 881 99 65 30.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2023

Cristina Pichel Toimil
Directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

ANEXO

Requirimento de emenda de solicitudes

Convocatoria: Orde do 11 de xaneiro de 2023 pola que se regulan as bases que rexerán as subvencións para entidades de acción voluntaria de carácter privado para o fomento e a realización de actividades de voluntariado e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento BS508B).

Acto administrativo: requirimento de emenda de solicitudes na Orde do 11 de xaneiro de 2023.

Data do acto: 23 de marzo de 2023.

Órgano competente: Servizo de Voluntariado e Participación.

Efectos: as entidades solicitantes terán un prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do acto no Diario Oficial de Galicia, para emendar a falta ou achegar os documentos preceptivos. De non o facer, teranse por desistidas na súa petición, logo de resolución, que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Relación de expedientes:

Nº de exp.

Solicitante

NIF da entidade

Documentación requirida

BS508B 2023/043

Asociación Mirabal

G70312954

Proxecto de actividades (artigo 7.1):
– A temporalización do proxecto debe estar comprendido no período establecido no artigo 2.
– Cuantificar o número de persoas beneficiarias acorde co anexo I.
– Revisar as táboas do orzamento e cadrar as cifras reflectidas nos puntos 7, 8 e 9.

BS508B 2023/047

Agrupación Xuvenil, Socio Cultural, Recreativa y Deportiva Brigantium

G15404403

– Anexo I: adaptar o orzamento solicitado (artigo 5.3).
– Proxecto de actividades (artigo 7.1): indicar as datas de inicio e fin das actividades do proxecto (art. 2) e revisar a coherencia das partidas orzamentarias.

BS508B 2023/068

Asociación Aliad-Ultreia

G27021120

– Anexo I e proxecto de actividades: o número de persoas voluntarias e persoas beneficiarias indicadas en cada un deles non coincide.

BS508B 2023/089

Asociación Cultural O Castro

G36116879

– Anexo I: adaptar o orzamento solicitado (art. 5.3).
– Proxecto de actividades: adaptar as partidas do orzamento aos conceptos subvencionables (art. 5.1).
– Anexo I e proxecto de actividades: o número de persoas voluntarias indicadas en cada un deles non coincide.

BS508B 2023/102

Asociación O Son do Pobo

G94017704

– Proxecto de actividades (art. 7.1): indicar os obxectivos, a identificación dos problemas que se pretenden abordar, o número de persoas voluntarias coas cales se pretende executar o proxecto e o número de días que participará cada unha delas.

– Anexo I e proxecto de actividades: o orzamento solicitado, o número de persoas beneficiarias e a duración do proxecto indicados en cada un deles non coincide.

BS508B 2023/112

Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer y otras Demencias de Galicia, Afaga

G36776920

– Anexo I: adaptar o orzamento solicitado (art. 5.3).

– Proxecto de actividades (art. 7.1): revisar as datas das actividades (art. 2).

– Anexo I e proxecto de actividades: a data de fin do proxecto non coincide.

BS508B 2023/125

Asociación de Celíacos de Galicia, Acega

G15675960

– Acreditación fidedigna da persoa representante legal da entidade.

BS508B 2023/127

Cáritas Diocesana de Tui-Vigo

R3600368I

– Anexo I: indicar o orzamento solicitado (art. 5.3).

BS508B 2023/139

Asociación Antonio Noche

G15210388

– Proxecto de actividades (art. 7.1).

BS508B 2023/140

Fundación Educativa Lar

G27817493

– Proxecto de actividades (art. 7.1).
– Anexo I: debidamente cuberto.

BS508B 2023/144

Asociación de Axuda a Estudantes Estranxeiros

G70406038

– Proxecto de actividades (art. 7.1): indicar unha denominación/nome, indicar un orzamento desagregado do custo total de todas as actividades e adaptar as actividades propostas acorde ao art. 3.1.b).
– Acreditación fidedigna da persoa representante legal da entidade.

BS508B 2023/145

Asociación de Produtores de Madeiras das Somozas, Promaso

G70067707

– Proxecto de actividades (art. 7.1).
– Anexo I: indicar un orzamento solicitado (art. 5.3) e rectificar a data de fin de proxecto (art. 2).
– Acreditación fidedigna da persoa representante legal da entidade.

BS508B 2023/148

Asociación Grupo Scout Ilex

G32466187

– Anexo I e proxecto de actividades: a data de inicio do proxecto indicada en cada un deles non coincide.
– Proxecto de actividades (art. 7.1): indicar o número de persoas beneficiarias e o número de persoas voluntarias.