Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 5 de abril de 2023 Páx. 22411

III. Outras disposicións

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 2023 pola que se publica a modificación do plan de estudos do máster universitario en Bioinformática para Ciencias da Saúde.

O Acordo do Consello de Ministros do 7 de outubro de 2016, publicado mediante Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 14 de outubro de 2016 no Boletín Oficial del Estado (BOE) do 26 de outubro, establece o carácter oficial do título de máster universitario en Bioinformática para Ciencias da Saúde pola Universidade da Coruña.

O plan de estudos do título de máster universitario en Bioinformática para Ciencias da Saúde pola Universidade da Coruña foi publicado pola Resolución do 30 de abril de 2018 no BOE do 22 de maio.

A Universidade da Coruña presentou unha solicitude de modificación do plan de estudos do máster universitario en Bioinformática para Ciencias da Saúde que obtivo o informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG) o día 29 de xullo de 2022, de acordo cos artigos 32 e 33 do Real decreto 822/2021, do 28 de setembro, polo que se establece a organización das ensinanzas universitarias e do procedemento de aseguramento da súa calidade.

Polo exposto,

RESOLVO:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Bioinformática para Ciencias da Saúde pola Universidade da Coruña coas modificacións aprobadas, que se estrutura segundo consta no anexo e con efectos desde o curso académico 2022/23.

A Coruña, 16 de marzo de 2023

Julio E. Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña

ANEXO

Plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario
en Bioinformática para Ciencias da Saúde pola Universidade da Coruña

Código RUCT: 4315703.

Plan de estudos que se inicia no curso 2022/23 por modificación do plan anterior.

Estrutura das ensinanzas (Real decreto 1393/2007, anexo I, punto 5.1).

1. Rama de coñecemento á que se adscribe o título: Enxeñaría e Arquitectura.

2. Distribución do plan de estudos en créditos ECTS, por tipo de materia:

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias (OB)……..….……………...…

Optativas (OP)…..……….…………………

Traballo fin de máster (TFM)…….……......

Total………………………………………….

48

30

12

90

3. Contido do plan de estudos.

3.1. Contido do plan de estudos.

Primeiro curso.

Módulo

Materia

Carácter

Créditos ECTS

Optativas en Función do Título de Acceso

Introdución á programación

OP

6

Introdución ás bases de datos

OP

6

Fundamentos de intelixencia artificial

OP

6

Introdución á bioloxía molecular

OP

6

Xenética e evolución molecular

OP

6

Xenómica

OP

6

Comúns

Probabilidade, estatística e elementos de biomatemática

OB

6

Fundamentos de bioinformática

OB

6

Métodos estatísticos avanzados en bioinformática

OB

6

Análise de imaxes biomédicas

OB

6

Computación de altas prestacións en bioinformática

OB

6

Intelixencia bomputacional para bioinformática

OB

6

Estruturas de datos e algoritmia para secuencias biolóxicas

OB

6

Segundo curso.

Módulo

Materia

Carácter

Créditos ECTS

Orientación 1: Bioinformática en Ciencias da Saúde

Enxeñaría biomecánica, sensorización e telemedicina

OP

3

Fundamentos de neurociencia

OP

3

Neuroenxeñaría e innovación en neurociencia

OP

3

Sistemas de información sanitaria

OP

3

Prácticas en empresa

OP

3

Orientación 2: TIC en Bioinformática

Visualización médica avanzada

OP

3

Procesamento avanzado de secuencias biolóxicas

OP

3

Aplicacións e tendencias en bioinformática e enxeñaría biomédica

OP

3

Xestión do coñecemento biomédico

OP

3

Prácticas en empresa

OP

3

Comúns

Proxectos de investigación e emprendemento

OB

3

Intelixencia computacional para datos de alta dimensionalidade

OB

3

Traballo Fin de Máster

Traballo fin de máster

TFM

12

Do módulo «Optativas en Función do Título de Acceso» é necesario realizar 18 créditos tendo en conta as seguintes recomendacións:

• Titulados en Bioloxía, Ciencias da Saúde e Química: recoméndase cursar Introdución á programación, Introdución ás bases de datos e Fundamentos da intelixencia artificial.

• Titulados en Informática, Matemáticas e Física: recoméndase cursar Introdución á bioloxía molecular, Xenética e evolución molecular, e Xenómica.

En función das peculiaridades dos plans de estudos das titulacións de acceso, poderá recomendarse por parte da Comisión responsable da selección do máster unha elección mixta de materias.

O máster consta de dúas orientacións que se deben entender como dúas posibles vías formativas. O alumnado pode elixir unha desas orientacións e realizar 4 das 5 materias optativas do módulo correspondente, ou ben realizar unha opción mixta na que o alumnado ten que escoller 4 materias das 9 optativas que se ofertan entre as dúas orientacións. A materia Prácticas en empresa é común ás dúas orientacións.

Os 30 créditos optativos necesarios para reunir as condicións de terminación do título distribúense como se indica a seguir:

• 18 créditos correspondentes a 3 materias do módulo de Optativas en Función do Título de Acceso.

• 12 créditos correspondentes a 4 materias dos módulos de Orientación 1 e 2.

A unidade temporal de todas as materias é cuadrimestral e existe un equilibrio de créditos entre cuadrimestres.

4. Condicións de terminación.

Para obter o título de máster universitario en Bioinformática para Ciencias da Saúde pola Universidade da Coruña é necesario superar 90 créditos ECTS, distribuídos como se indica no punto 2.