Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 5 de abril de 2023 Páx. 22409

III. Outras disposicións

Parlamento de Galicia

ACORDO do 20 de marzo de 2023 polo que se aproba a oferta de emprego público para o ano 2023.

O Estatuto de persoal do Parlamento de Galicia establece no seu artigo 17 que as necesidades de recursos humanos con asignación orzamentaria que non poidan ser cubertas mediante persoal existente e deban proverse mediante persoal de novo ingreso serán obxecto, de ser o caso, de aprobación dunha oferta anual de emprego público, que se publicará no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia e no Diario Oficial de Galicia.

Segundo o artigo 67 do Estatuto de persoal do Parlamento de Galicia, a preparación e o deseño dos plans de oferta de emprego serán obxecto de negociación. Estes criterios xerais foron negociados na Mesa de Negociación do 12 de decembro de 2022 e 28 de febreiro de 2023, que que ratificaron os criterios xerais acordados e publicados no BOPG número 677, do 12 de febreiro de 2009.

Por conseguinte, a OEP 2023 quedaría conformada polas seguintes prazas vacantes dotadas orzamentariamente:

I. Quenda libre.

Corpo: auxiliar do Parlamento de Galicia.

Tipo de persoal: funcionario. Grupo: D.

Número de prazas: 4

II. Promoción interna.

Corpo: letradas e letrados do Parlamento de Galicia.

Tipo de persoal: funcionario. Grupo: A.

Número de prazas: 1.

Corpo: xestión.

Escala: escala técnica de mantemento de infraestruturas.

Tipo de persoal: funcionario. Grupo: B.

Número de prazas: 1.

Corpo: administrativo do Parlamento de Galicia.

Tipo de persoal: funcionario. Grupo: C.

Número de prazas: 4.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2023

Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente do Parlamento de Galicia