Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 10 de abril de 2023 Páx. 22662

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 2023 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 30 de marzo de 2023, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Política Social e Xuventude.

A aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Política Social e Xuventude, xustifícase polas razóns indicadas no apartado primeiro do acordo.

En consecuencia, por proposta da Dirección Xeral da Función Pública da Consellería de Facenda e Administración Pública, e unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa de Negociación e na Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 30 de marzo de 2023, adoptou o seguinte,

ACORDO:

Primeiro. Aprobar a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Política Social e Xuventude, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo, en desenvolvemento da Orde da Consellería de Facenda do 31 de outubro de 2019 pola que se convocou proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade enfermaría, da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A2), (DOG nº 211, do 6 de novembro).

Segundo. Ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 30 de marzo de 2023, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Política Social e Xuventude, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2023

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde de 8.1.2020)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

missing image file