Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 11 de abril de 2023 Páx. 22832

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

EXTRACTO da Orde do 24 de marzo de 2023 pola que se convocan axudas para o ano 2023 co fin de financiar actividades das confederacións e federacións de nais e pais do alumnado e das asociacións de nais e pais do alumnado de centros de educación especial (código de procedemento ED507A).

BDNS (Identif.): 685261.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Beneficiarias

As confederacións e federacións de nais e pais do alumnado, e as asociacións de nais e pais do alumnado de centros de educación especial da Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo. Obxecto

As axudas teñen como obxecto apoiar e incrementar a realización de actividades por parte das entidades antes sinaladas, mediante a subvención dos gastos ocasionados por elas, así como dos derivados da xestión administrativa, da adquisición de material non inventariable e do mantemento ordinario das instalacións desde o 1 de xaneiro ata o 31 de outubro de 2023.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 24 de marzo de 2023 pola que se convocan axudas para financiar actividades das confederacións e federacións de nais e pais do alumnado e das asociacións de nais e pais do alumnado de centros de educación especial para o ano 2023 (código de procedemento ED507A).

Cuarto. Importe

Axudas cunha dotación total de 60.271,00 euros, cantidade que procede de fondos propios da Comunidade Autónoma de Galicia.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2023

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional
e Universidades