Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 11 de abril de 2023 Páx. 22984

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carnota

ANUNCIO de corrección de erros referente á convocatoria para prover varias prazas.

Advertidos erros no citado anuncio, publicado no DOG número 38, do 23 de febreiro de 2023, procédese ás súas rectificacións:

Nas páxinas 15370 e 15371, onde di:

«– Unha praza de profesor/a de música, a xornada completa, como persoal laboral fixo, asimilada ao grupo A2, para cubrir polo sistema de concurso, en quenda libre.

– Unha praza de profesor/a de música, a xornada parcial (56 %), como persoal laboral fixo, asimilada a grupo A2, para cubrir polo sistema de concurso, en quenda libre.

– Unha praza de profesor/a de música, especialidade de percusión, a xornada parcial (56 %), como persoal laboral fixo, asimilada ao grupo C1, para cubrir polo sistema de concurso, en quenda libre.

– Unha praza de profesor/a de música, especialidade de gaita, a xornada parcial (56 %), como persoal laboral fixo, asimilada ao grupo C1, para cubrir polo sistema de concurso, en quenda libre».

Debe dicir:

«– Profesor/a de música, a xornada completa, como persoal laboral fixo descontinuo, asimilada ao grupo A2, para cubrir polo sistema de concurso, en quenda libre.

– Profesor/a de música, a xornada parcial (56 %), como persoal laboral fixo descontinuo, asimilada a grupo A2, para cubrir polo sistema de concurso, en quenda libre.

– Profesor/a de música, especialidade de percusión, a xornada parcial (56 %), como persoal laboral fixo descontinuo, asimilada ao grupo C1, para cubrir polo sistema de concurso, en quenda libre.

– Profesor/a de música, especialidade de gaita, a xornada parcial (56 %), como persoal laboral fixo descontinuo, asimilada ao grupo C1, para cubrir polo sistema de concurso, en quenda libre».

Amplíase o prazo de inscrición para as referidas prazas en 20 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación desta corrección de erros no BOE.

Carnota, 15 de marzo de 2023

Juan Manuel Saborido Rama
Alcalde