Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 11 de abril de 2023 Páx. 22986

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO da convocatoria do proceso selectivo para cubrir once prazas de bombeiro/a pola quenda de promoción interna.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 48, do 10 de marzo de 2023, publicáronse as bases aprobadas pola Resolución do concelleiro delegado de Economía, Facenda e Réxime Interior, por delegación da Xunta de Goberno Local, do 6 de marzo, relativas á seguinte convocatoria:

– 11 prazas de bombeiro/a pola quenda de promoción interna (subgrupo C1), CE 14/22.

O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Esta convocatoria e a súa resolución publicaranse nos boletíns oficiais correspondentes.

A Coruña, 14 de marzo de 2023

A Xunta de Goberno Local
P.D. (Acordo do 3.7.2019)
Manuel Ángel Jove Losada
Director de Economía, Facenda e Réxime Interior