Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 11 de abril de 2023 Páx. 22991

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Lama

ANUNCIO da convocatoria de funcionarización da praza de avogado/a do Centro de Información á Muller (CIM).

Resolución da Alcaldía número 2023-0123, con data do 13.3.2023, do Concello da Lama, pola que se aproban as bases e a convocatoria do concurso-oposición restrinxido para o acceso á función pública do persoal laboral do Concello, para a funcionarización da praza de avogado/a CIM-director/a (posto RPT 02.02.01), encadrada no grupo A subgrupo A1, pola quenda de promoción interna. O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria publicaranse no Boletín Oficial da provincia, na sede electrónica deste concello [dirección https://concellodalama.sedeelectronica.es] e no taboleiro de anuncios, para maior difusión, e as bases íntegras na sede electrónica municipal e no taboleiro de anuncios.

A Lama, 13 de marzo de 2023

Jorge Canda Martínez
Alcalde