Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 12 de abril de 2023 Páx. 23067

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se nomea o tribunal cualificador do proceso selectivo, polo sistema de concurso-oposición, para o ingreso, na condición de persoal fixo, na categoría estatutaria de enfermeira/o.

Mediante a Resolución do 15 de marzo de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos (DOG núm. 58, do 24 de marzo), modificada polas resolucións do 10 de xuño de 2022 (DOG núm. 116, do 17 de xuño) e do 30 de decembro de 2022 (DOG núm. 5, do 9 de xaneiro de 2023), convócase concurso-oposición para o ingreso na categoría de enfermeiro/a.

Na base sétima da antedita resolución disponse que o tribunal cualificador do concurso-oposición será nomeado pola autoridade convocante cunha antelación mínima dun mes ao da data de realización das probas e, para este efecto, publicarase a oportuna resolución no Diario Oficial de Galicia.

A Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público (BOE núm. 312, do 29 de decembro), establece que os procesos selectivos para a cobertura de prazas incluídas nas ofertas de emprego público aprobadas no marco dos procesos de estabilización de emprego temporal deberán finalizar antes do 31 de decembro de 2024.

Co obxecto de dar cumprimento ao disposto nesta regulación e de conformidade coa base sétima da resolución de convocatoria, esta dirección, como órgano convocante do proceso,

ACORDA:

Primeiro. Nomear os membros do tribunal, titulares e suplentes, que xulgarán o proceso selectivo, polo sistema de concurso-oposición, para o ingreso na categoría de enfermeira/o, convocado pola Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde do 15 de marzo de 2022, e que se relacionan no anexo desta resolución.

Segundo. Declarar de aplicación a estes procesos as normas de funcionamento e actuación dos tribunais e do persoal colaborador, negociadas e aprobadas na Mesa Sectorial de Sanidade, á disposición das persoas interesadas na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Terceiro. Esta resolución producirá os seus efectos a partir do mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2023

Ana María Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO

Enfermeira/o

Presidenta titular

Gómez Martínez, María

Persoal estatutario diplomado sanitario

Enfermeira

Secretaria titular

Rodríguez Cabo, Esperanza

Persoal estatutario de xestión e servizos

Grupo técnico da función administrativa

Vogal titular

Dacosta López, María

Persoal estatutario diplomado sanitario

Enfermeira

Vogal titular

Fernández Cabana, Pedro

Persoal estatutario diplomado sanitario

Enfermeiro

Vogal titular

Fernández Vázquez, Mario

Persoal estatutario diplomado sanitario

Enfermeiro

Vogal titular

González Pérez, Cristina

Persoal estatutario diplomado sanitario

Enfermeira

Vogal titular

Santomé Pereira, Tamara

Persoal estatutario diplomado sanitario

Enfermeira

Presidente suplente

Baldomar Obelleiro, Rubén

Persoal estatutario diplomado sanitario

Enfermeiro

Secretario suplente

García Souto, José Jorge

Persoal estatutario de xestión e servizos

Grupo técnico da función administrativa

Vogal suplente

Álvarez Martínez, Francisco

Persoal estatutario diplomado sanitario

Enfermeiro

Vogal suplente

Fernández Álvarez, Ana M.

Persoal estatutario diplomado sanitario

Enfermeira

Vogal suplente

Lozano López, Juan

Persoal estatutario diplomado sanitario

Enfermeiro

Vogal suplente

Román Losada, Francisco Xosé

Persoal estatutario diplomado sanitario

Enfermeiro

Vogal suplente

Soria Lafuente, José Ignacio

Persoal estatutario diplomado sanitario

Enfermeiro