Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 12 de abril de 2023 Páx. 23064

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se nomea o tribunal cualificador da convocatoria excepcional no proceso selectivo de estabilización, polo sistema de concurso de méritos, para o ingreso, na condición de persoal fixo, na categoría estatutaria de enfermeira/o.

Mediante a Resolución do 26 de decembro de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos (Diario Oficial de Galicia núm. 4, do 5 de xaneiro de 2023), realizouse a convocatoria excepcional no proceso selectivo de estabilización, polo sistema de concurso de méritos, para o ingreso, entre outras, na categoría de enfermeiro/a.

Na base sétima da dita resolución disponse que os tribunais cualificadores do concurso de méritos serán nomeados pola autoridade convocante, e para este efecto publicarase a oportuna resolución no Diario Oficial de Galicia.

A Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público (BOE núm. 312, do 29 de decembro), establece que os procesos selectivos para a cobertura de prazas incluídas nas ofertas de emprego público aprobadas no marco dos procesos de estabilización de emprego temporal deberán finalizar antes do 31 de decembro de 2024.

Co obxecto de dar cumprimento ao disposto nesta regulación, e de conformidade coa base sétima da resolución de convocatoria, esta dirección, como órgano convocante do proceso,

ACORDA:

Primeiro. Nomear os membros do tribunal, titulares e suplentes, que xulgarán o proceso selectivo de estabilización, polo sistema de concurso de méritos, para o ingreso na categoría de enfermeira/o, convocado mediante a Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, do 26 de decembro de 2022, e que se relacionan no anexo desta resolución.

Segundo. Declarar de aplicación a este proceso as normas de funcionamento e actuación dos tribunais e do persoal colaborador, negociadas e aprobadas na Mesa Sectorial de Sanidade, á disposición das persoas interesadas na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es) en canto sexan compatibles coa natureza do proceso, e sen prexuízo das peculiaridades que resulten da aplicación da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público.

Terceiro. Esta resolución producirá os seus efectos desde o mesmo día da súa sinatura.

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2023

Ana María Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO

Concurso de méritos

Enfermeira/o

Presidenta titular

Del Oro Sáez, Begoña

Persoal estatutario diplomado sanitario

Enfermeira

Secretaria titular

Ríos Carro, María José

Persoal estatutario de xestión e servizos

Grupo xestión da función administrativa

Vogal titular

Baquero Sabajanes, María Begoña

Persoal estatutario diplomado sanitario

Enfermeira

Vogal titular

Iglesias Castro, Francisco Javier

Persoal estatutario diplomado sanitario

Enfermeiro

Vogal titular

González Silva, Ana Isabel

Persoal estatutario diplomado sanitario

Enfermeira

Presidente suplente

Argibay Cochón, Juan Carlos

Persoal estatutario diplomado sanitario

Enfermeiro

Secretario suplente

Morán Losada, José Francisco

Persoal estatutario de xestión e servizos

Grupo técnico da función administrativa

Vogal suplente

Pérez Vaya, Celestino

Persoal estatutario diplomado sanitario

Enfermeiro

Vogal suplente

Meizoso Ameneiro, Ana María

Persoal estatutario diplomado sanitario

Enfermeira

Vogal suplente

Rodríguez Pena, Antonio

Persoal estatutario diplomado sanitario

Enfermeiro