Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 12 de abril de 2023 Páx. 23042

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 2023, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade enfermaría, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A2), convocado pola Orde do 31 de outubro de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 211, do 6 de novembro), pola que se modifica a baremación definitiva da fase de concurso dunha aspirante.

En sesión que tivo lugar o día 31 de marzo de 2023, o tribunal nomeado por Resolución do 30 de setembro de 2020 (DOG núm. 201, do 5 de outubro) e modificada pola Resolución do 3 de novembro de 2020 (DOG núm. 277, do 10 de novembro) e pola Resolución do 17 de decembro de 2020 (DOG núm.6, do 12 de xaneiro), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade enfermaría, da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A2), convocado por Orde do 31 de outubro de 2019 (DOG núm. 211, do 6 de novembro)

RESOLVE:

Primeiro. Mediante a Resolución do 26 de xaneiro de 2023 (publicada no DOG núm. 29, do 10 de febreiro), este tribunal acordou facer pública a baremación definitiva da fase de concurso.

A raíz da estimación dun recurso de alzada, este tribunal acorda modificar a Resolución do 26 de xaneiro de 2023 (publicada no DOG núm. 29, do 10 de febreiro), en relación coa puntuación da aspirante afectada na fase de baremo definitivo do proceso selectivo, que pasa a ter a seguinte puntuación:

NIF

Apelido1

Apelido2

Nome

II.2.2.1

II.2.2.2

II.2.2.3

II.2.2

II.2.2.4

Total

***0588**

Corral

Amoedo

María del Carmen

0,00

12,40

0,00

12,40

0,20

12,60

Esta modificación non afecta a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo acordada pola Resolución do 26 de xaneiro de 2023 (publicada no DOG núm. 29, do 10 de febreiro).

Segundo. De acordo co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpor recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2023

Jesús Figueroa Rodríguez
Presidente do tribunal