Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 12 de abril de 2023 Páx. 23040

III. Outras disposicións

Valedor do Pobo

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 2023 pola que se aproba a concesión das bolsas destinadas a persoas con discapacidade física, orgánica ou sensorial para a formación práctica neste organismo.

Vista a proposta formulada polo presidente da Comisión nomeada para a concesión das bolsas destinadas a persoas con discapacidade física, orgánica ou sensorial para a formación práctica na institución Valedor do Pobo, convocadas pola Resolución do 2 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 12, do 18 de xaneiro),

RESOLVO:

Primeiro. Concederlles as dúas bolsas destinadas a persoas con discapacidade física, orgánica ou sensorial para a formación práctica no organismo Valedor do Pobo ás persoas aspirantes que se relacionan no anexo I, por obter a maior puntuación de conformidade cos criterios de valoración fixados na base novena da Resolución do 18 de xaneiro de 2023.

De conformidade coa base décimo segunda da convocatoria, as persoas seleccionadas deberán incorporarse para o desenvolvemento dos labores de formación práctica dentro dos cinco días hábiles seguintes ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Se transcorrido o dito prazo a incorporación das persoas seleccionadas non se producise, a bolsa poderase entender rexeitada, salvo causa xustificada.

Segundo. Facer pública a resolución definitiva de concesión das bolsas e a relación complementaria de suplentes (anexo II), de conformidade coa base décimo primeira da convocatoria.

Terceiro. Excluír do procedemento de concesión das bolsas o aspirante que figura no anexo III por non achegar, dentro de prazo de dez (10) días hábiles concedido, a documentación exixida na base sétima da convocatoria, acreditativa dos requisitos que deben reunir as persoas aspirantes para poder ser beneficiarias das bolsas en cuestión, recollidos na base segunda da convocatoria.

Cuarto. A presente resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do organismo Valedor do Pobo.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso contencioso-administrativo de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpor recurso de reposición, ante este mesmo órgano, nos termos dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2023

María Dolores Fernández Galiño
Valedora do Pobo

ANEXO I

Aspirantes

Puntuación total

***6358**

15,50

***3282**

13,70

ANEXO II

Aspirantes

Puntuación total

***7837**

13,14

***9669**

7,12

ANEXO III

Aspirante

***9737**

Excluído