Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 13 de abril de 2023 Páx. 23170

III. Outras disposicións

Presidencia da Xunta de Galicia

CORRECCIÓN DE ERROS. Extracto da Resolución do 22 de marzo de 2023, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regulan e se convocan as subvencións do programa de axudas económicas individuais para persoas residentes no exterior para o ano 2023 (código de procedemento PR925A).

Advertido un erro no referido extracto, publicado no Diario Oficial de Galicia número 64, do 31 de marzo de 2023, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 21492, onde di:

«Quinto. Prazo de presentación das solicitudes

O prazo de presentación das solicitudes será de trinta (30) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia».

Debe dicir:

«Quinto. Prazo de presentación das solicitudes

O prazo de presentación das solicitudes será de trinta (30) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia».