Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 13 de abril de 2023 Páx. 23168

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 2023, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se dá publicidade dos nomeamentos das persoas integrantes do Consello Técnico de Seguimento e Mellora da Calidade no Control Oficial en Saúde Pública, realizados polo Acordo do 22 de marzo de 2023.

De conformidade co previsto no artigo 4.2 da Orde do 7 de decembro de 2022, pola que se crea e se regula o Consello Técnico de Seguimento e Mellora da Calidade no Control Oficial en Saúde Pública, e se establecen a súa composición, organización e funcionamento, as persoas que ocupen a Secretaría e as vogalías do Consello Técnico serán nomeadas e cesadas pola persoa titular da consellería competente en materia de sanidade, por proposta da persoa titular da dirección xeral con competencia en materia de control oficial en saúde pública. Os nomeamentos realizaranse por un período de tres anos, prorrogable de maneira sucesiva ao finalizar cada trienio.

Por Acordo do conselleiro de Sanidade, do 22 de marzo de 2023, nomeáronse as persoas a que se refire o citado artigo, e dispúxose a procedencia de facer públicos os nomeamentos polo que esta Secretaría Xeral Técnica procede á publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, en cuxo anexo se conteñen os postos cubertos e as persoas titulares designadas.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2023

Alberto Fuentes Losada
Secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade

ANEXO

Nomeamentos das persoas titulares da Secretaría e das vogalías
do Consello Técnico de Seguimento e Mellora da Calidade
no Control Oficial en Saúde Pública

1. Secretaría: Félix Afonso Feijóo, xefe do Servizo de Control e Auditorías (Subdirección Xeral de Programas de Control de Riscos Ambientais para a Saúde).

2. Vogalías:

– María Jesús Rúa Moure, subdirectora xeral de Réxime Xurídico e Administrativo (Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade).

– Luis Alonso Padín, xefe do Servizo de Coordinación da Xestión (Dirección Xeral de Saúde Pública).

– José Ángel Viñuela Rodríguez, xefe do Servizo de Seguridade Alimentaria (Subdirección Xeral de Programas de Control de Riscos Ambientais para a Saúde).

– Manuel Álvarez Cortiñas, xefe do Servizo de Sanidade Ambiental (Subdirección Xeral de Programas de Control de Riscos Ambientais para a Saúde).

– Marta Gil Pérez, xefa do Servizo de Xestión (Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade na Coruña).

– José Antonio Ruíz de Valbuena Bueno, xefe do Servizo de Riscos Ambientais (Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade en Lugo).

– Antonio Arenillas Sánchez, director técnico sanitario de Industrias Alimentarias do Servizo de Control de Riscos Ambientais (Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade en Ourense).

– Natalia Botana Rey, xefa territorial da Consellería de Sanidade en Pontevedra.