Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 14 de abril de 2023 Páx. 23465

III. Outras disposicións

Axencia de Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2023 pola que se modifica a Resolución do 14 de marzo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a concellos para actuacións de embelecemento do litoral galego, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea, NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento TU503G).

O 17 de marzo de 2023 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 14 de marzo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a concellos para actuacións de embelecemento do litoral galego, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea, NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento TU503G).

No artigo 6.1 das bases reguladoras establécense como gastos subvencionables a rehabilitación sustentable de edificacións de interese turístico inscritos no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma Galega (REAT), tales como museos, monumentos, teatros, galerías de arte, etc., cuxa dispoñibilidade acredite o Concello. Tamén son gastos subvencionables os gastos de obra e reforma que impliquen a modernización, a mellora, a remodelación ou adaptación de equipamentos existentes que favorezan a accesibilidade dos cidadáns a recursos turísticos inscritos no REAT e a adquisición e mellora de bens de equipamento precisos para o desenvolvemento da actividade turística, como as instalacións que faciliten a accesibilidade e mobilidade a recursos turísticos inscritos no REAT. Non obstante, non todos os recursos turísticos están inscritos no REAT, xa que a dita inscrición só é obrigatoria para empresas e actividades turísticas reguladas, tales como establecementos hoteleiros, restaurantes, cafetarías, etc. Ben que é certo que a inscrición no REAT garante a publicidade dos recursos inscritos, os concellos contan con numerosos recursos turísticos que non figuran inscritos no REAT e, dado que a inscrición non é obrigatoria, non se pode exixir tal inscrición como requisito nas bases reguladoras.

O artigo 7.2. fai referencia ao cumprimento da etiquetaxe climática das actuacións financiables da liña 1, de acordo co previsto no Plan de recuperación, transformación e resiliencia, na Decisión de execución do Consello relativa á aprobación da avaliación do Plan de recuperación e resiliencia de España (Council Implementing Decision-CID), do 13 de xullo de 2021, e no Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, así como na súa normativa de desenvolvemento. Dado que a etiqueta 035 recollida nas bases reguladoras (medidas de adaptación ao cambio climático e prevención e xestión de riscos relacionados co clima: inundacións (incluídas as accións de sensibilización, a protección civil, os sistemas e infraestruturas de xestión de catástrofes e os enfoques ecosistémicos), cunha contribución a obxectivos climáticos do 100 %, non se axusta a ningunha das accións da actuación, é preciso eliminala.

Por outra banda, o artigo 24.1 das bases reguladoras exixe que a entidade beneficiaria xustifique unha porcentaxe mínima do 40 % do importe concedido e, por outro lado, indica que se a xustificación é superior ao 40 %, pero sen acadar o 100 % do investimento subvencionable, se percibirá a subvención proporcional correspondente ao investimento xustificado admisible. Existe unha contradición, pois nun caso exíxese executar unha porcentaxe mínima do importe concedido e, por outro lado, diminúese proporcionalmente a subvención se non se acada o 100 % do investimento subvencionable. Dado que os termos de comparación deben ser idénticos, cómpre modificar a referencia ao 40 % do importe concedido para que sexa o 40 % do investimento subvencionable.

Finalmente, para facilitar a rastrexabilidade do aprobado na solicitude de axuda e na convocatoria, encadrada na ACD Rehabilitación de recursos emblemáticos do litoral galego do Plan territorial de sustentabilidade turística litoral de Galicia de 2021, engádese un cadro explicativo na parte introdutoria da resolución.

Esta resolución ten por obxecto introducir unha modificación na parte introdutoria da Resolución do 14 de marzo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a concellos para actuacións de embelecemento do litoral galego, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea, NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento TU503G), no artigo 6.1 das bases reguladoras e, en consonancia con el, do anexo II das ditas bases reguladoras, no artigo 7.2 e no artigo 24.1 das ditas bases, no sentido indicado anteriormente.

A introdución destas modificacións persegue satisfacer o interese xeral das potenciais entidades beneficiarias das axudas sen que supoña unha vulneración de intereses de terceiros nin unha alteración esencial da natureza e obxectivos da subvención.

Dado que estas modificacións se aplicarán a todas as entidades solicitantes desta convocatoria, cuxo prazo de presentación de solicitudes xa comezou o pasado 18 de marzo, amplíase o prazo de solicitudes un mes máis desde a publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, en prol de garantir a igualdade de dereitos de todas as entidades solicitantes.

De conformidade coa competencia conferida polo artigo 19 dos estatutos da Axencia de Turismo de Galicia, aprobados polo Decreto 196/2012, do 27 de setembro,

RESOLVO:

Artigo 1. Modificación da parte introdutoria da Resolución do 14 de marzo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a concellos para actuacións de embelecemento do litoral galego, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea, NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento TU503G)

Engádese, a continuación do texto «As tres liñas de actuación encádranse na ACD Rehabilitación de recursos emblemáticos do litoral galego do Plan territorial de sustentabilidade turística litoral de Galicia de 2021, en particular, a liña 1 enmárcase no eixe 1 (transición verde e ecolóxica), a liña 2 no eixe 3 (transición dixital) e a liña 3 no eixe 4 (competitividade)», o seguinte cadro:

ACD-Rehabilitación de recursos emblemáticos do litoral galego

Eixes de actuación

 

Actuacións

Total

Axudas concellos

1 (Transición ecolóxica)

1

Rehabilitación do patrimonio en espazos singulares do litoral

2.700.000,00 €

Liña 1
Transición verde e ecolóxica

2.700.000,00 €

 

Total eixe 1

2.700.000,00 €

 

 

2 (Eficiencia enerxética)

2

Mellora da fachada turística do litoral

1.125.000,00 €

 

 

 

Total eixe 2

1.125.000,00 €

 

 

3 (Transición dixital)

3

Dixitalización de recursos con potencial turístico no litoral

425.000,00 €

Liña 2
Transición dixital

675.000,00 €

1

Rehabilitación do patrimonio en espazos singulares do litoral

250.000,00 €

 

Total eixe 3

675.000,00 €

 

 

4 (Competitividade)

2

Mellora da fachada turística do litoral

950.000,00 €

 

 

4

Xestión e asistencia técnica

110.000,00 €

 

 

1

Rehabilitación do patrimonio en espazos singulares do litoral

1.110.000,00 €

Liña 3
Transición accesible e inclusiva

1.100.000,00 €

 

Total eixe 4

2.170.000,00 €

 

 

Total

6.670.000,00 €

Total convocatoria

4.475.000,00 €

Artigo 2. Modificación do anexo I da Resolución do 14 de marzo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a concellos para actuacións de embelecemento do litoral galego, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea, NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento TU503G)

Modifícanse os artigos 6.1 e 24.1 do anexo I da Resolución do 14 de marzo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a concellos para actuacións de embelecemento do litoral galego, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea, NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento TU503G), nos termos que se recollen a seguir:

Un. O artigo 6.1 queda redactado nos seguintes termos:

«1. Terán a consideración de gastos subvencionables os que se relacionan a continuación:

a) Liña 1: transición verde e ecolóxica para a rehabilitación do patrimonio en espazos singulares do litoral.

– Rehabilitación sustentable de edificacións de interese turístico, tales como museos, monumentos, teatros, galerías de arte, etc., cuxa dispoñibilidade acredite o Concello. Enténdese por rehabilitación sustentable aquela que é respectuosa co contorno e está adaptada ás súas condicións, aforrando recursos mediante o emprego de materiais de baixo impacto ambiental (procedentes de fontes non contaminantes, materiais naturais, reciclados, reciclables e reutilizables), e aumente a vida útil do edificio. Tamén actuacións que reduzan a pegada de carbono, como a instalación de cubertas vexetais ou a optimización de sistemas de ciclo de auga. A contribución á sustentabilidade deberá acreditarse na memoria explicativa que se achegue coa solicitude a que fai referencia o artigo 10.

– Investimento en zonas verdes como vías verdes, camiños e sendeiros, espazos naturais que fomenten a biodiversidade vexetal, que permitan conectar distintos puntos de interese turístico ou que contribúan á creación de novos produtos turísticos, tales como rutas polas zonas verdes.

– Restauración ambiental e integración paisaxística dos recursos que contribúan a un turismo sustentable. Inclúe a recuperación das condicións ambientais (vexetación, fauna, auga, solo...) de ecosistemas perturbados ou danados, co obxectivo de poñer en valor a biodiversidade e a dinámica do ecosistema orixinal, así como a corrección das transformacións da paisaxe con motivo de edificacións, infraestruturas, para adecualas á paisaxe.

b) Liña 2: transición dixital dos recursos con potencial turístico no litoral.

– Gastos de desenvolvemento de aplicacións turísticas que inclúen os gastos de compra do sistema operativo da aplicación e os gastos da instalación e desenvolvemento da aplicación.

– Gastos relacionados co desenvolvemento de códigos QR para o ámbito turístico.

– Gastos de deseño e instalación do desenvolvemento de folletos dixitais turísticos.

– Gastos relacionados co desenvolvemento de guías interactivas turísticas: aplicación móbil que promociona os atractivos turísticos do país, que facilita aos turistas nacionais e estranxeiros información relacionada con eles (historia, horarios, precaucións, etc.) en diferentes idiomas. Iso inclúe visitas virtuais, vídeos e fotos de ríos, praias, covas, monumentos e lugares históricos, utilizando o GPS.

– Gastos de desenvolvemento de aplicacións e instalación do Beacon turístico: dispositivos electrónicos baseados en tecnoloxía bluetooth que, polo seu reducido tamaño e o seu mínimo consumo enerxético, poden colocarse en calquera equipamento de sinalización turística (existente ou proxectado). Estes dispositivos serán colocados en puntos turísticos co obxectivo de compartir nos móbiles a información de interese turístico.

– Gastos de compra e instalación de placas turísticas: placas informativas dixitais.

– Gastos de compra e instalación da sinalización monumental intelixente: compra de monólitos descritivos de cada un dos monumentos de carácter dixital.

– Gastos de compra e instalación de pantallas interactivas: dispositivo montado que ofrece presentacións visuais vibrantes e a opción de controlar os datos en pantalla mediante interaccións con pantalla táctil dixital.

– Gastos de compra e instalación relacionados coa sensorización IoT: tecnoloxía que conecta zonas turísticas ou monumentos mediante sensores vinculados á internet e que son capaces de intercambiar datos entre si.

Os gastos da liña 2 irán acompañados dun plan de contidos, que se especificará na memoria que se achegue coa documentación complementaria que se indica no artigo 10.

c) Liña 3: transición accesible e inclusiva para un turismo máis competitivo.

– Gastos de obra e reforma que impliquen a modernización, a mellora, a remodelación ou a adaptación de equipamentos existentes que favorezan a accesibilidade dos cidadáns a recursos turísticos.

– A adquisición e mellora de bens de equipamento precisos para o desenvolvemento da actividade turística como as instalacións que faciliten a accesibilidade e mobilidade a recursos turísticos. O equipamento adquirido deberá cumprir as exixencias establecidas na normativa da aplicación, a Lei 10/2014, do 3 de decembro, de accesibilidade, e as normas técnicas da UE de accesibilidade universal».

Dous. O artigo 7.2 queda redactado nos seguintes termos:

«2. As actuacións financiables da liña 1 cumprirán co indicado na etiquetaxe climática establecida, cumprindo co seguinte peso ou porcentaxe da seguinte etiqueta climática:

050 “Protección da natureza e a biodiversidade, patrimonio e recursos naturais, infraestruturas verdes e azuis”, cunha contribución a obxectivos climáticos do 40 %».

Tres. O artigo 24.1 queda redactado nos seguintes termos:

«1. As entidades beneficiarias das axudas quedan obrigadas a acreditar, con data límite do 31 de outubro de 2023, a realización dos proxectos subvencionados e a xustificar a totalidade do orzamento en virtude do establecido na resolución de concesión que lles foi notificada. En caso de non xustificarse a totalidade do orzamento subvencionable, a subvención será minorada na mesma proporción. En calquera caso, a entidade beneficiaria deberá xustificar unha porcentaxe mínima do 40 % do investimento subvencionable; de non acadarse ese mínimo, enténdese que non se lograron os obxectivos propostos na solicitude e, polo tanto, determinarase a perda do dereito a cobrar a subvención concedida. Se a xustificación é superior ao 40 %, pero sen acadar o 100 % do investimento subvencionable, percibirase a subvención proporcional correspondente ao investimento xustificado admisible, sempre que se cumpra o resto das condicións de concesión e a finalidade ou obxectivos para os que se concedeu a axuda.

Os gastos xustificados deberán ter correspondencia clara coas partidas do orzamento aceptadas pola Axencia de Turismo de Galicia na resolución de concesión da subvención e responder, de xeito indubidable, á natureza da actividade subvencionada.

O investimento xustificado deberá coincidir coa resolución de concesión da subvención ou coas modificacións autorizadas».

Artigo 3. Modificación do anexo II da Resolución do 14 de marzo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a concellos para actuacións de embelecemento do litoral galego, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea, NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento TU503G)

O anexo II queda redactado nos termos indicados no anexo desta resolución.

Artigo 4. Ampliación do prazo de presentación de solicitudes

Acórdase ampliar o prazo de presentación de solicitudes establecido no artigo 9 das bases reguladoras da Resolución do 14 de marzo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a concellos para actuacións de embelecemento do litoral galego, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea, NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento TU503G) nun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Esta ampliación permite que aquelas entidades que non formulasen solicitude con anterioridade poidan formulala tendo en conta as modificación efectuadas.

Artigo 5. Réxime de recursos

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan presentar calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Dirección de Turismo de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

b) Recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, de acordo co establecido no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira única

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2023

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia de Turismo de Galicia

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file