Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 14 de abril de 2023 Páx. 23492

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 12 abril de 2023 pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas do concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala superior de finanzas, e do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala técnica de finanzas.

Pola Resolución do 22 de abril de 2022 (DOG núm. 82, do 29 de abril) publicouse a relación provisional de persoas admitidas e excluídas do concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala superior de finanzas, e do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala técnica de finanzas, convocado pola Resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 14 de xullo de 2021.

Transcorrido o prazo establecido nas bases para presentar reclamacións á exclusión das listas provisionais e dado que non se recibiu ningunha reclamación, esta dirección xeral

RESOLVE:

Elevar a definitiva a relación de persoas solicitantes admitidas e excluídas do concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala superior de finanzas, e do corpo de xestión de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala técnica de finanzas e publicar a relación definitiva de persoas excluídas como anexo desta resolución.

A relación de persoas admitidas e excluídas pódese consultar no portal web corporativo da Xunta de Galicia, http://funcionpublica.xunta.gal, na epígrafe «concurso de traslados».

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou, directamente, recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo correspondente, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, e de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 12 de abril de 2023

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO I

1º apelido

2º apelido

Nome

NIF

Motivo da exclusión

Docampo

Ramos

Carlos

**8188***

12

Fernández

Rivas

Debora

**6824***

4,12

Losada

González

Antonio

**9961***

12

Cód. causa

Causa exclusión

4

Falta nomeamento para o corpo/categoría dende o que concursa

12

Corpo-escala ou categoría, relación servizo ou tipo de admón. non corresponde ás do concurso