Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 14 de abril de 2023 Páx. 23490

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2023 pola que se fan públicas as puntuacións provisionais das persoas participantes admitidas no concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala superior de finanzas, e do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala técnica de finanzas, convocado pola Resolución do 14 de xullo de 2021.

Convocado o concurso para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala superior de finanzas, e do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala técnica de finanzas, pola Resolución do 14 de xullo de 2021, á vista da proposta da comisión encargada de valorar os méritos alegados polas persoas concursantes e de conformidade coa base VIII da convocatoria, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Publicar as puntuacións provisionais das persoas concursantes admitidas, para cada un dos postos solicitados, no portal web corporativo da Dirección Xeral da Función Pública (https://www.xunta.gal/funcion-publica/concurso-de-traslados/).

Segundo. As persoas interesadas poderán formular reclamación contra as puntuacións provisionais no prazo de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. O formulario de reclamación estará á disposición das persoas interesadas no portal web corporativo da Dirección Xeral da Función Pública e deberá cubrirse e presentarse electronicamente.

No formulario deberán especificar a alínea ou alíneas da base V sobre as cales se reclama, con indicación expresa daqueles méritos que se consideran erroneamente puntuados e a causa concreta obxecto de reclamación.

Se a persoa reclamante quere engadir documentación que estea formada por documentos electrónicos asinados electronicamente e/ou con código seguro de verificación ou copias electrónicas auténticas, presentaraa a través da mesma aplicación.

Se a documentación que anexa é un documento orixinal en papel, deberá presentala nas oficinas de Rexistro da Xunta de Galicia e nos demais lugares previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para que o persoal funcionario do rexistro acredite que é copia electrónica auténtica de documento, e deberá dirixirse á Dirección Xeral da Función Pública, Servizo de Concursos.

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2023

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública