Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 17 de abril de 2023 Páx. 23781

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 4 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se resolve o proceso selectivo, se realiza o nomeamento como persoal estatutario fixo e se adxudica destino definitivo aos/ás novos/as aspirantes seleccionados/as no proceso, polo sistema de concurso, para o acceso, na condición de persoal estatutario fixo, á categoría de facultativo/a especialista de atención primaria, convocado pola Resolución do 18 de abril de 2022.

Finalizados os prazos posesorios establecidos na Resolución do 20 de xaneiro de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos (Diario Oficial de Galicia núm. 21, do 31 de xaneiro), pola que se procede á resolución do proceso selectivo, ao nomeamento como persoal estatutario fixo e á adxudicación de destino definitivo aos/ás aspirantes seleccionados/as, non se produciu a incorporación ao servizo activo de tres aspirantes nomeados neste proceso selectivo.

De conformidade coa base décima da resolución de convocatoria do proceso, a non incorporación ao servizo activo no destino adxudicado e no prazo establecido, sen causa xustificada, sobrevida á solicitude de participación no concurso ou de forza maior, impedirá a perfección do nomeamento e a adquisición da condición de persoal estatutario fixo do/da aspirante, e quedarán sen efecto todas as súas actuacións no proceso.

Neste suposto, o órgano convocante chamará novos/as aspirantes, no número que corresponda e pola orde de prelación da lista definitiva, para os efectos de que, tras presentar a documentación que acredite o cumprimento dos requisitos exixidos na convocatoria e optar entre os destinos non ocupados, poidan ser seleccionados/as e nomeados/as persoal estatutario fixo da categoría.

Ao abeiro da antedita base, esta dirección xeral, como órgano convocante do proceso,

RESOLVE:

Primeiro. Publicar a relación de novos aspirantes definitivamente seleccionados/as no proceso selectivo e nomear como persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde na categoría de facultativo/a especialista de atención primaria os/as aspirantes que se inclúen no anexo desta resolución.

Adxudicarlles, con carácter de destino definitivo, a praza correspondente que figura no indicado anexo e declarar finalizado para os ditos/as aspirantes o concurso-oposición para o ingreso na categoría de facultativo/a especialista de atención primaria, convocado pola Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 18 de abril de 2022 (Diario Oficial de Galicia núm. 80, do 27 de abril).

Segundo. Os/as aspirantes nomeados/as disporán do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para incorporarse á praza adxudicada.

De conformidade coa base décima da resolución de convocatoria do proceso, a non incorporación ao servizo activo no destino adxudicado e no prazo establecido, sen causa xustificada, sobrevida á solicitude de participación no concurso ou de forza maior, impedirá a perfección do nomeamento e a adquisición da condición de persoal estatutario fixo do/da aspirante, e quedarán sen efecto todas as súas actuacións no proceso.

Neste suposto, o órgano convocante chamará novos/as aspirantes que solicitasen o/os destino/s en que non se producise a incorporación ao servizo activo, no número que corresponda e pola orde de prelación da lista definitiva, que, de ser o caso, serán seleccionados/as e nomeados/as persoal estatutario fixo da categoría.

Terceiro. De conformidade coa disposición adicional segunda do Decreto 70/2017, do 13 de xullo (Diario Oficial de Galicia núm. 145, do 1 de agosto), como condición para o perfeccionamento do nomeamento que se expida os/as aspirantes seleccionados/as deberán realizar, con carácter obrigatorio, e nun prazo non superior aos seis meses contados desde a data de publicación no Diario Oficial de Galicia do correspondente nomeamento como persoal estatutario fixo, as actividades formativas para a obtención do nivel básico de coñecemento en materia de igualdade de xénero e prevención e loita contra a violencia de xénero, previstas no artigo 4 da citada regulación.

Non terán que realizar esta actividade formativa os/as aspirantes seleccionados/as que a realizasen con anterioridade, conste rexistrada en Fides/expedient-e e fose debidamente validada.

Cuarto. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición ante esta dirección, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente na xurisdición contencioso-administrativa nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2023

Ana María Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO

Definitivamente seleccionados, nomeamento e adxudicación de destino

DNI

Apelidos e nome

Centro directivo

Servizo de AP

Centro

PAC de referencia

Quenda

***4232**

Fernández Gómez, Francisco Manuel

A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

Burela

Foz

Ribadeo-Burela

Tarde

***7428**

Rozas García, Sara

A.S. de Vigo

Ponteareas

Ponteareas

Ponteareas-Vigo

Tarde

***3008**

López Agreda, Sofía Zaida

A.S. de Vigo

Moaña

Moaña

Cangas-Moaña-Redondela

Tarde