Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 17 de abril de 2023 Páx. 23778

IV. Oposicións e concursos

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 13 de abril de 2023 pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo unitario para a provisión, mediante contrato laboral temporal, de postos de auxiliares de policía local (código de procedemento PR461A), convocado pola Orde do 17 de febreiro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 41, do 28 de febreiro), e se anuncian a data e o lugar de realización da primeira proba do proceso selectivo.

No Diario Oficial de Galicia número 41, do 28 de febreiro de 2023, publicouse a Orde do 17 de febreiro de 2023 pola que se aproban as bases xerais reguladoras e se convoca proceso selectivo unitario para a provisión, mediante contrato laboral temporal, de postos de auxiliares de policía local.

O 21 de marzo publicouse no Diario Oficial de Galicia número 56 a Resolución do 15 de marzo pola que se aprobaron as relación provisionais de persoas excluídas ao proceso, e se publicaron na páxina web da Agasp as relacións provisionais de persoas admitidas con indicación da exención ou non da proba de coñecementos de lingua galega, concedendo un prazo de dez días para emendas.

Finalizado o prazo de emenda e de acordo co expresado na devandita orde, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Aprobar as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas ao proceso unitario para a cobertura de postos de auxiliares de policía local convocados pola Orde do 17 de febreiro de 2023 (DOG núm. 41, do 28 de febreiro).

A listaxe definitiva de persoas aspirantes admitidas poderá consultarse a través da páxina web oficial da Academia Galega de Seguridade Pública, http://agasp.xunta.gal

A listaxe definitiva de persoas aspirantes excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.

A listaxe definitiva de persoas exentas e non exentas da realización da proba de coñecemento da lingua galega poderá consultarse a través da páxina web oficial da Academia Galega de Seguridade Pública, http://agasp.xunta.gal

As listaxes publicadas na páxina web da Agasp serán as consideradas válidas.

Segundo. As probas de aptitude física descritas no punto 6.2.A da convocatoria desenvolveranse o día 21 de abril de 2023 no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, sito na rúa Padre Fernando Olmedo núm. 1, 36002 Pontevedra, de acordo cos chamamentos que se publicarán na páxina web da Agasp.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o director xeral da Agasp, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou ben recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados do mesmo xeito, nos termos previstos na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Estrada, 13 de abril de 2023

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Listaxe definitiva de persoas aspirantes excluídas

NIF

Primeiro apelido

Segundo apelido

Nome

Motivo da exclusión (Cód.)

***3290**

Anta

Fernández

María

4

***5797**

Cayón

García

Lucía

1, 3, 4, 5

***1501**

Estévez

Matei

Otero

5

***9442**

López

Cáceres

Luis Fabián

4

***5939**

Paz

Cadabal

Alfonso

4

***8942**

Riveiro

Rey

Bibiana

1

***2087**

Sánchez

Villar

Silvia

2

***3934**

Saura

Garre

Alberto

4

***6842**

Silva

Montull

Francisco

6

Causas de exclusión

Cód.

Descrición

1

Non presenta xustificante do aboamento da taxa

2

Xustificante de aboamento da taxa incorrecto, incompleto ou redución da taxa non xustificada sen que fose posible comprobala.

3

Non ten ou non foi posible consultar a titulación académica requirida.

4

Non foi posible consultar a inexistencia de antecedentes penais.

5

Solicitude incompleta ou incorrectamente cuberta

6

Solicitude presentada fóra de prazo