Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 17 de abril de 2023 Páx. 23759

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 5 de abril de 2023 pola que se nomean como persoal laboral fixo da Xunta de Galicia na categoría 006 do grupo I, titulado/a superior psicólogo/a, as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo extraordinario de consolidación, convocado pola Orde do 4 de novembro de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 213, do 8 de novembro).

Unha vez rematado o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 006 do grupo I, titulado/a superior psicólogo/a, de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 4 de novembro de 2019 (DOG número 213, do 8 de novembro), con corrección de erros no DOG núm. 229, do 2 de decembro de 2019; e realizado o acto de elección de destino provisional previsto na Resolución do 20 de marzo de 2023 (DOG número 59, do 24 de marzo), esta consellería, de acordo co previsto no V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia,

RESOLVE:

Primeiro. Nomear persoal laboral fixo na categoría 006 do grupo I, titulado/a superior psicólogo/a, de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, as persoas aspirantes aprobadas que se relacionan no anexo desta resolución, ordenadas de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicarlles como destinos provisionais os que figuran no mesmo anexo.

Segundo. As persoas nomeadas persoal laboral fixo da Xunta de Galicia e adxudicatarias provisionais dos postos de traballo relacionados no anexo disporán do prazo dun mes para tomaren posesión dos seus destinos, de conformidade co disposto no artigo 13 do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia.

O prazo de toma de posesión comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 5 de abril de 2023

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8 de xaneiro de 2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

Anexo

DNI

Apelidos e nome

Posto elixido

Código

Denominación

Cons.

Centro destino

Centro directivo

Concello

Adscr.

1

***3865**

Sánchez André, Sara

8

PSC991000036560441

Titulado/a superior psicólogo/a

PS

Xefatura Territorial Vigo

Servizos periféricos

Vigo

I-006

2

***0617**

Veiga Rodeiro, Sergio

6

SAC030000315770051

Titulado/a superior psicólogo/a

SA

S.X. de Programas de Fomento de Estilos de Vida Saudables

Dirección Xeral de Saúde Pública

Santiago de Compostela

I-006

3

***4898**

López Astray, José Luis

1

PSC991000015001420

Titulado/a superior psicólogo/a

PS

Xefatura Territorial A Coruña

Servizos periféricos

Coruña (A)

I-006

4

***4046**

Rielo Iglesias, María Luz

2

PSC991000027001412

Titulado/a superior psicólogo/a

PS

Xefatura Territorial Lugo

Servizos periféricos

Lugo

I-006

5

***4103**

Quintela Loureiro, Elena

7

SAC030000315770047

Titulado/a superior psicólogo/a

SA

S.X. de Programas de Fomento de Estilos de Vida Saudables

Dirección Xeral de Saúde Pública

Santiago de Compostela

I-006

6

***7820**

Vázquez López, Begoña

4

PSC040000015770110

Titulado/a superior psicólogo/a

PS

D.X. de Inclusión Social

Dirección Xeral de Inclusión Social

Santiago de Compostela

I-006

7

***1024**

García López, Cristina

3

PSC991000032001411

Titulado/a superior psicólogo/a

PS

Xefatura Territorial Ourense

Servizos periféricos

Ourense

I-006

8

***7979**

Ares Calvo, Claudia

5

EIC992090136090021

Titulado/a superior psicólogo/a

EM

Oficina de Emprego da Cañiza

Servizos periféricos

Cañiza (A)

I-006