Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 17 de abril de 2023 Páx. 23716

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Xuventude

RESOLUCIÓN do 5 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, pola que se publica o requirimento de emenda de documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 14 de febreiro de 2023 pola que se establecen as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas niño durante os anos 2023, 2024, 2025 e 2026, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS403C).

A Consellería de Política Social e Xuventude convocou para os anos 2023, 2024, 2025 e 2026, a través da Orde do 14 de febreiro de 2023 as axudas para a posta en marcha de casas niño (Diario Oficial de Galicia núm. 39, do 24 de febreiro).

O artigo 10 da orde de convocatoria establece o prazo e a forma de presentación das solicitudes. No seu número 2 establécese que o prazo para a presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, no artigo 11 determínase a documentación complementaria que se deberá achegar no momento de presentación da solicitude co anexo I ou ben no prazo previsto no artigo 4.2, xunto co anexo IV relativo á presentación de documentación non achegada coa solicitude.

Unha vez revisadas polo órgano encargado da instrución do procedemento as solicitudes presentadas ao abeiro da convocatoria, identificáronse aquelas que non contan coa documentación necesaria, ben por non tela presentado, ben por conter erros, ou ben por non ser suficiente para a determinación do cumprimento dos requisitos exixidos para a súa posterior remisión á comisión encargada da súa valoración.

Segundo establece o artigo 10.3 da dita Orde do 14 de febreiro de 2023 e de conformidade co previsto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos nas bases reguladoras, o órgano responsable da tramitación requiriralles ás persoas interesadas para que, nun prazo de dez días hábiles, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos coa indicación expresa de que, si así non o fixeren, se terán por desistidas da súa petición, logo da correspondente resolución nos termos previstos no artigo 21 da dita lei.

Así mesmo, tal e como se establece no artigo 18 da convocatoria, publicaranse no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, os actos administrativos de requirimento de emenda de documentación, así como a correspondente resolución. Esta publicación producirá os efectos de notificación.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do acto de requirimento ditado polo órgano responsable da tramitación o día 5 de abril de 2023 de emenda das solicitudes presentadas no procedemento BS403A de concesión de axudas para a posta en marcha de casas niño durante os anos 2023, 2024, 2025 e 2026 que non están debidamente cubertas e/ou que non achegan a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras. Este acto coa relación figura como anexo desta resolución.

Segundo. Facer indicación expresa a todas as persoas solicitantes relacionadas no anexo de que son requiridas para que, no prazo máximo de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos. De non facelo, teranse por desistidas na súa petición, logo de resolución, que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Terceiro. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda de documentación das solicitudes, poderanse dirixir ao servizo de Conciliación Familiar a través da conta de correo demografiaeconciliacion@xunta.gal

Santiago de Compostela, 5 de abril de 2023

Jacobo Rey Sastre
Director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

ANEXO

Requirimento de emenda de solicitudes

Procedemento: BS403C concesión de axudas para a posta en marcha de casas niño durante os anos 2023, 2024, 2025 e 2026.

Acto administrativo e data: requirimento de emenda de solicitudes do 5 de abril de 2023.

Órgano competente: órgano instrutor.

Efectos: as persoas solicitantes terán un prazo máximo de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do acto no Diario Oficial de Galicia, para emendar a falta ou achegar os documentos preceptivos. De non facelo, teranse por desistidas na súa petición, logo de resolución, que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Relación de expedientes:

Nº de expediente

Solicitante

NIF

Documentación requirida

BS403C/2023-1

María Barrio Díaz

***7830**

Certificado médico oficial acreditativo do estado de saúde con data posterior á da publicación da orde.

Completar a proposta pedagóxica básica asinada pola persoa que desenvolverá o proxecto, en relación coa adquisición de hábitos de autonomía persoal con respecto á alimentación, o descanso e a hixiene desde a súa vertente educativa.

Informe dos servizos técnicos municipais de que o inmoble proposto presenta ou terá, logo da reforma proposta, as características arquitectónicas establecidas nesta orde. Nos supostos de inmobles destinados a vivenda este informe incluirá tamén a referencia ao cumprimento das condicións de habitabilidade; no caso de inmobles non destinados a vivenda a referencia será ao cumprimento dos requisitos establecidos no Código Técnico da Edificación (CTE) que lle sexan de aplicación.

Completar o plan de actuación cos nenos/as ante unha emerxencia durante o desenvolvemento do proxecto e que aborde as diferentes situacións de emerxencia que poden darse no contexto dunha casa niño.

BS403C/2023-3

Belén Carrasco Sueiro

***3304**

Proposta pedagóxica básica orixinal asinada pola persoa que desenvolverá o proxecto, que en todo caso aborde a organización do período de adaptación e a adquisición de hábitos de autonomía persoal con respecto á alimentación, o descanso e a hixiene desde a súa vertente educativa. A proposta incluirá así mesmo a programación xeral dunha xornada.

Informe dos servizos técnicos municipais de que o inmoble proposto presenta ou terá, logo da reforma proposta, as características arquitectónicas establecidas nesta orde. No suposto de inmobles destinados a vivenda, este informe incluirá tamén referencia ao cumprimento das condicións de habitabilidade; no caso de inmobles non destinados a vivenda a referencia será ao cumprimento dos requisitos establecidos no Código Técnico da Edificación (CTE), que lle sexan de aplicación.

Plan de actuación orixinal cos nenos e coas nenas ante unha emerxencia durante o desenvolvemento do proxecto, elaborado pola persoa solicitante, que aborde as diferentes situacións de emerxencia que poden darse no contexto dunha casa niño.

BS403C/2023-5

Cooperativa Caixa Titiripaca

F10566941

Memoria descritiva do inmoble con fotografías de todas as estancias e planos, a escala e acoutados, descritivos do estado actual. De terse que realizar obras de reforma, tamén se incluirán planos a escala representativos do estado reformado.

Informe dos servizos técnicos municipais de que o inmoble proposto presenta ou terá, logo da reforma proposta, as características arquitectónicas establecidas nesta orde. No suposto de inmobles destinados a vivenda, este informe incluirá tamén referencia ao cumprimento das condicións de habitabilidade; no caso de inmobles non destinados a vivenda a referencia será ao cumprimento dos requisitos establecidos no Código Técnico da Edificación (CTE), que lle sexan de aplicación.

Orzamento desagregado dos gastos de investimento segundo o establecido no anexo V.

BS403C/2023-6

Yesica de Macedo González

***3608**

Memoria descritiva na que se recolla a localización xeográfica e o número potencial de nenas/os usuarias/os e se xustifique a súa necesidade e oportunidade, apoiada na análise da contorna e nos datos oficiais de poboación publicados polo Instituto Galego de Estatística (IGE) dos últimos tres anos.

Proposta pedagóxica básica asinada pola persoa que desenvolverá o proxecto, que en todo caso aborde a organización do período de adaptación e a adquisición de hábitos de autonomía persoal con respecto á alimentación, o descanso e a hixiene desde a súa vertente educativa. A proposta incluirá así mesmo a programación xeral dunha xornada.

Descrición do equipamento e materiais que se empregarán no desenvolvemento do proxecto que comprenderá as características e composición de todos os elementos recollidos no artigo 4.1.c).

Memoria descritiva do inmoble con fotografías de todas as estancias e planos, a escala e acoutados, descritivos do estado actual. De terse que realizar obras de reforma, tamén se incluirán planos a escala representativos do estado reformado.

Informe dos servizos técnicos municipais de que o inmoble proposto presenta ou terá, logo da reforma proposta, as características arquitectónicas establecidas nesta orde. No suposto de inmobles destinados a vivenda, este informe incluirá tamén referencia ao cumprimento das condicións de habitabilidade; no caso de inmobles non destinados a vivenda a referencia será ao cumprimento dos requisitos establecidos no Código Técnico da Edificación (CTE), que lle sexan de aplicación.

Plan de actuación cos nenos/as ante unha emerxencia durante o desenvolvemento do proxecto.

Orzamento desagregado dos gastos de investimento segundo o establecido no anexo V.

BS403C/2023-8

Antía López Álvarez

***8819**

Planos a escala representativos do estado reformado.

BS403C/2023-9

Jennifer López Alonso

***7375**

Proposta pedagóxica básica asinada pola persoa que desenvolverá o proxecto e modificación da normativa á que fai referencia pola que está vixente.

BS403C/2023-10

Noelia Parada Quintás

***2974**

Memoria descritiva na que se recolla a localización xeográfica e o número potencial de nenas/os usuarias/os e se xustifique a súa necesidade e oportunidade, apoiada na análise da contorna e nos datos oficiais de poboación publicados polo Instituto Galego de Estatística (IGE) dos últimos tres anos.

Proposta pedagóxica básica orixinal asinada pola persoa que desenvolverá o proxecto, que en todo caso aborde a organización do período de adaptación e a adquisición de hábitos de autonomía persoal con respecto á alimentación, o descanso e a hixiene desde a súa vertente educativa. A proposta incluirá así mesmo a programación xeral dunha xornada.

Plan de actuación orixinal cos nenos e coas nenas ante unha emerxencia durante o desenvolvemento do proxecto, elaborado pola persoa solicitante, que aborde as diferentes situacións de emerxencia que poden darse no contexto dunha casa niño.

Descrición do equipamento e materiais que se empregarán no desenvolvemento do proxecto que comprenderá as características e composición de todos os elementos recollidos no artigo 4.1.c) en documento único.

Orzamento desagregado dos gastos de investimento segundo o establecido no anexo V.

BS403C/2023-11

Rocío Mañana Bouzón

***0244**

Completar a memoria descritiva na que se recolla a localización xeográfica e o número potencial de nenas/os usuarias/os e se xustifique a súa necesidade e oportunidade, apoiada na análise da contorna e nos datos oficiais de poboación publicados polo Instituto Galego de Estatística (IGE) dos últimos tres anos.

Completar a proposta pedagóxica básica asinada pola persoa que desenvolverá o proxecto, que en todo caso aborde a organización do período de adaptación e a adquisición de hábitos de autonomía persoal con respecto á alimentación, o descanso e a hixiene desde a súa vertente educativa. A proposta incluirá así mesmo a programación xeral dunha xornada.

Completar a descrición do equipamento e materiais que se empregarán no desenvolvemento do proxecto que comprenderá as características e composición de todos os elementos recollidos no artigo 4.1.c).

Completar a memoria descritiva do inmoble con fotografías de todas as estancias e planos, a escala e acoutados, descritivos do estado actual. De terse que realizar obras de reforma, tamén se incluirán planos a escala representativos do estado reformado.

Completar o plan de actuación cos nenos/as ante unha emerxencia durante o desenvolvemento do proxecto e que aborde as diferentes situacións de emerxencia que poden darse no contexto dunha casa niño.

Orzamento desagregado dos gastos de investimento segundo o establecido no anexo V.

BS403C/2023-12

Sindy Caneiro García

***4170**

Proposta pedagóxica básica asinada pola persoa que desenvolverá o proxecto.

Informe dos servizos técnicos municipais de que o inmoble proposto presenta ou terá, logo da reforma proposta, as características arquitectónicas establecidas nesta orde. No suposto de inmobles destinados a vivenda, este informe incluirá tamén referencia ao cumprimento das condicións de habitabilidade; no caso de inmobles non destinados a vivenda a referencia será ao cumprimento dos requisitos establecidos no Código Técnico da Edificación (CTE), que lle sexan de aplicación.

Orzamento desagregado dos gastos de investimento segundo o establecido no anexo V.

BS403C/2023-13

Ilda María Fernández Álvarez

***3095**

Documento de dispoñibilidade do local en que se indique a duración da cesión que, en todo caso, deberá cubrir todo o período subvencionable de acordo co artigo 6 da orde.

Completar a proposta pedagóxica básica asinada pola persoa que desenvolverá o proxecto, que en todo caso aborde a organización do período de adaptación e a adquisición de hábitos de autonomía persoal con respecto á alimentación, o descanso e a hixiene desde a súa vertente educativa. A proposta incluirá así mesmo a programación xeral dunha xornada.

Informe dos servizos técnicos municipais de que o inmoble proposto presenta ou terá, logo da reforma proposta, as características arquitectónicas establecidas nesta orde. No suposto de inmobles destinados a vivenda, este informe incluirá tamén referencia ao cumprimento das condicións de habitabilidade; no caso de inmobles non destinados a vivenda a referencia será ao cumprimento dos requisitos establecidos no Código Técnico da Edificación (CTE), que lle sexan de aplicación.

Completar o plan de actuación cos nenos/as ante unha emerxencia durante o desenvolvemento do proxecto que aborde as diferentes situacións de emerxencia que poden darse no contexto dunha casa niño.