Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 17 de abril de 2023 Páx. 23705

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Xuventude

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 2023, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, pola que se publica a Resolución do 30 de marzo de 2023 de selección de entidade privada sen ánimo de lucro no procedemento de asignación do concerto social para a execución do Programa de avaliación e tratamento terapéutico de menores en situación de risco ou desamparo, cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027 (código de procedemento BS213F).

No Diario Oficial de Galicia número 10, do 16 de xaneiro de 2023, a través da Resolución do 29 de decembro de 2022, da Consellería de Política Social e Xuventude, publícase a convocatoria do procedemento de asignación de concerto social para a execución do Programa de avaliación e tratamento terapéutico de menores en situación de risco ou desamparo, cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027 (código de procedemento BS213F).

Unha vez instruído de conformidade coas bases do procedemento de selección, tras a valoración dos criterios e emitida a proposta, con data do 30 de marzo de 2023 emite o órgano competente a resolución que finaliza o dito procedemento.

A epígrafe 7 da cláusula M) do anexo I da Resolución do 29 de decembro de 2022 establece que a resolución de concertación será publicada no Diario Oficial de Galicia e a publicación terá os efectos da notificación, consonte o artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Así mesmo, será igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web da Consellería de Política Social e Xuventude.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 30 de marzo de 2023 ditada no procedemento BS213F de selección de entidade privada sen ánimo de lucro para a execución do Programa de avaliación e tratamento terapéutico de menores en situación de risco ou desamparo, cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, que se xuntará coa presente resolución no anexo.

Segundo. Notificada a resolución polo órgano competente, formalizarase o concerto coa entidade seleccionada.

A formalización deste concerto social, de acordo co establecido no artigo 19 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de concertos sociais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, farase mediante un documento administrativo dentro dos 30 días seguintes ao da publicación da resolución de concertación.

O concerto social perfeccionarase coa súa formalización e non se poderá iniciar a súa execución sen terse efectuado esta previamente.

Efectuada a formalización, a entidade concertada estará obrigada a prestarlles ás persoas usuarias os servizos sociais nas condicións establecidas na normativa sectorial aplicable, na resolución da convocatoria do concerto social e, de ser o caso, nos criterios de preferencia e selección da entidade.

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2023

Jacobo José Rey Sastre
Director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

ANEXO

Resolución do 30 de marzo de 2023 pola que se selecciona unha entidade privada sen ánimo de lucro para a concertación, mediante procedemento de asignación de concerto social, da execución do Programa de avaliación e tratamento terapéutico de menores en situación de risco ou desamparo, cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027 (código de procedemento BS213F)

A través da Resolución do 29 de decembro de 2022 pola que se publica a convocatoria, mediante procedemento de asignación de concerto social, da execución do Programa de avaliación e tratamento terapéutico de menores en situación de risco ou desamparo, cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027 (código de procedemento BS213F), do procedemento de selección de entidade privada sen ánimo de lucro para a execución do programa de avaliación e tratamento terapéutico de menores en situación de risco ou desamparo.

Unha vez examinadas as solicitudes polo órgano instrutor, avaliadas as ditas solicitudes pola Comisión de Valoración, vista a proposta de resolución formulada pola Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica,

RESOLVO:

Primeiro. Seleccionar para levar a cabo a execución do programa de avaliación e tratamento terapéutico de menores en situación de risco ou desamparo a seguinte entidade, en aplicación dos criterios de valoración e baremo da cláusula O) do anexo I da Resolución do 29 de decembro de 2022, publicada o 16 de xaneiro de 2023 no Diario Oficial de Galicia número 10.

Consonte os criterios de valoración reflectidos no texto da resolución, a Comisión de Valoración establece a seguinte puntuación para a entidade presentada ao concerto:

a) Calidade do proxecto técnico (ata 40 puntos de acordo cos seguintes criterios).

a.1) Proxecto de intervención coas familias e nenos, nenas e adolescentes

Ata 35 puntos

Descrición das necesidades e características das familias e menores beneficiarios deste programa

3 puntos

Definición da estrutura e fases da intervención-fases de derivación (incluirase un protocolo que describa a inclusión de persoas usuarias no programa), elaboración do plan de actuación, intervención, seguimento e finalización

6 puntos

Descrición da rede de terapeutas que se porá á disposición do servizo, con especial referencia aos procedementos de coordinación entre os axentes que formen parte dela

12 puntos

Sustento teórico, estratexias e ferramentas a través das cales se articulará o programa

4 puntos

Modelos de coordinación cos equipos técnicos de menores das xefaturas territoriais e co resto de axentes sociais e entidades administrativas que interveñan no caso

2 puntos

a.2) Calidade do sistema de avaliación dos resultados da intervención coas familias e nenos, nenas e adolescentes propostos (ata 5 puntos)

4 puntos

b) Instalacións en que se levará a cabo o servizo: ata 10 puntos de acordo cos seguintes criterios:

b.1) Dimensións, distribución e grao de adecuación dos espazos, así como grao de adecuación dos equipamentos ás actividades que se vaian realizar, incluída a situación xeográfica (ata 5 puntos)

4 puntos

b.2) Grao de conservación, calidade e confortabilidade dos espazos e equipamentos, incluída a accesibilidade (ata 5 puntos)

4 puntos

Total a) e b)

39 puntos

c) Medidas de conciliación da vida persoal, familiar e laboral e corresponsabilidade: ata 10 puntos de acordo cos seguintes criterios:

c.1) Estar en posesión da Marca galega de excelencia en igualdade, ou equivalente

0 puntos

c.2) Estar en posesión do certificado de empresa familiarmente responsable, ou equivalente

0 puntos

c.3) Estar en posesión do recoñecemento á promoción da parentalidade positiva, ou equivalente

0 puntos

d) Experiencia do persoal asignado ao proxecto, ata 15 puntos

15 puntos

e) Formación do persoal asignado ao proxecto, ata 15 puntos

15 puntos

f) Por cada ano de servizo acreditado pola entidade concertada no ámbito da protección á infancia e á adolescencia, ata 10 puntos

10 puntos

Total epígrafes c), d), e) e f)

40 puntos

Total puntuación de criterios

79 puntos

Segundo. Adxudicarlle o concerto social, do xeito que a seguir se indica polo importe que se sinala, á entidade seguinte:

Entidade:

Fundación Universidade da Coruña

NIF:

G15597289

Código de procedemento: BS213F.

Modalidade de concertación: procedemento de asignación de concertos.

Data de publicación: 16.1.2023.

Prazo de execución: o prazo de duración do concerto será desde a data da súa formalización ata o 31.12.2026.

O importe de adxudicación (exento de IVE) é o seguinte:

Distribución da previsión de disposición de fondos

(previsión para 470 NNA)

Tipo de custo

A) Custos tramo fixo

a.1) Dirección, supervisión e atención en crise

a.2) Gastos de funcionamento e xestión

B) Custos tramo variable

Totais

2023 (9 meses)

59.923,53 €

17.625,00 €

42.298,53 €

390.000,00 €

449.923,53 €

2024

79.898,04 €

23.500,00 €

56.398,04 €

390.000,00 €

469.898,04 €

2025

79.898,04 €

23.500,00 €

56.398,04 €

390.000,00 €

469.898,04 €

2026

79.898,04 €

23.500,00 €

56.398,04 €

390.000,00 €

469.898,04 €

Total:

1.859.617,65 €

Terceiro. Asinar o concerto social coa entidade seleccionada dentro dos 30 días seguintes ao da publicación das resolucións de concertación, segundo indica o artigo 19 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de concertos sociais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Cuarto. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interporse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. A resolución de concertación será publicada no Diario Oficial de Galicia e a publicación terá os efectos da notificación, consonte o artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, tal como se indica no artigo 17.2 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro.

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2023, Fabiola García Martínez, conselleira de Política Social e Xuventude