Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 18 de abril de 2023 Páx. 23930

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se designan os membros e se fai pública a composición do tribunal que elaborará, supervisará e avaliará a proba para a concesión dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2022/23, e se ditan instrucións para realizar a proba correspondente.

A Orde da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, do 20 de marzo de 2023, pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2022/23 (Diario Oficial de Galicia núm. 65, do 3 de abril), establece no seu artigo 13 que para elaborar, supervisar e avaliar a proba, a persoa titular da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa designará un tribunal composto por un presidente ou unha presidenta e ata un máximo de seis vogais, coa categoría de subdirector/a xeral, xefe/a de servizo ou inspectores e inspectoras de Educación.

De conformidade co establecido no citado artigo 13 e na disposición derradeira primeira da citada Orde do 20 de marzo de 2023, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro

Designar os membros do tribunal que deberán elaborar, supervisar e avaliar a proba para a concesión dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2022/23 e facer pública a súa composición, que é a que figura no anexo desta resolución.

Segundo

Fixar a data, o horario, os lugares de realización da proba e as condicións de presentación das persoas candidatas.

1. A proba realizarase o día 14 de xuño de 2023 de acordo co seguinte horario:

– Ás 9.30 horas, presentación das persoas candidatas.

– Das 10.15 ás 12.15 horas, primeira parte da proba.

– Das 12.45 ás 13.45 horas, segunda parte da proba.

2. Lugares onde se realizará a proba.

Os lugares onde se realizará a proba publicaranse no portal educativo (https://www.edu.xunta.gal) e na páxina de inicio da aplicación informática <<PremiosEdu>> (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu).

As persoas candidatas deberán realizar a proba, con carácter xeral, na provincia a que pertenza o centro educativo en que estea o seu expediente académico. A Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa poderá autorizar cambios de sede por causas debidamente xustificadas.

Terceiro. Presentación das persoas candidatas

Para a realización da proba as persoas candidatas deberán presentarse no lugar asignado ás 9.30 horas e acreditarán a súa identidade co DNI, pasaporte ou calquera outro documento recoñecido en dereito.

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de abril de 2023

Judith Fernández Novoa
Directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa

ANEXO

Tribunal

– Titulares:

Presidente: Manuel Enrique Prado Cueva, subdirector xeral de Inspección e Avaliación do Sistema Educativo.

Vogais:

Manuel Trigás Verdini, inspector de Educación.

Juan Antonio Granados Loureda, inspector de Educación.

Faustino Martín González, inspector de Educación.

María del Pilar Barandela Sandianes, inspectora de Educación.

Pedro Alberto Areal Alonso, inspector de Educación.

María Ángeles Aramburu Núñez, inspectora de Educación.

– Suplentes:

Presidenta: Inmaculada Mª Fernández Teijeiro, subdirectora xeral de Ordenación, Inclusión e Innovación Educativa.

Vogais:

Juan Carlos Varela Vázquez, inspector de Educación.

Marina Armada Vigo, inspectora de Educación.

Íñigo Barreiro García, inspector de Educación.

María Teresa Vázquez Montes, inspectora de Educación.

José Carlos Barros Pardo, inspector de Educación.

Román Latas Calvo, inspector de Educación.